xoves, 26 de maio de 2016

Non quero xogar ás agachadas ca lúa

HOXE VEU POLO CENTRO ESTELA SÚAREZ RECOUSO, UNHA ESCRITORA DE OROSO, A PRESENTÁRNOLO SEU LIBRO:
 
TODO UN GRAN PRIVILEXO QUE UN CONTO SEXA LIDO POLA SÚA CREADORA. E ASÍ ESTIVERON OS CATIVOS/AS.
ADEMAIS OS NENOS/AS QUE TROUXERON "NON QUERO XOGAR ÁS AGACHADAS COA LÚA" TIVERON A OCASIÓN LEVALO CUNHA DEDICATORIA.



INAUGURACIÓN DO CLUB DOS DESDENTADOS

XA TEMOS O NOSO PRIMEIRO DESDENTADO.

COLLEUNOS UN POUCO DE SORPRESA, POIS AINDA QUE XA NOS DIXERA QUE SE LLE MOVÍA UN DENTE, NON PENSAMOS QUE ÍA SER TAN PRONTO.
PRONTO TERÁ O SEU CARNÉ, XA VOLO AMOSAREMOS.
SEGURO QUE O RATO PÉREZ VISITARÁ A SÚA CASA.

mércores, 25 de maio de 2016

XOGAMOS AO HOCKEY

DA MAN DO CLUB PATÍN OROSO HOCKEY TODO O ALUMNADO DO CENTRO TIVO A OCASIÓN DE TOMAR UN PRIMEIRO CONTACTO CON ESTE DEPORTE.
(FAI CLIK NA IMAXE)
A NOSA AULA TAMÉN PROBOU...
CREO QUE MERECE A PENA VER TODAS AS FOTOS PORQUE CADA INTRE FOI XENIAL, NON HAI MÁIS QUE VER AS SÚAS FACIANAS.
MOITAS GRAZAS CARLOS, CARLOTA E SERGIO POLA VOSA DEDICACIÓN.
E RECORDADE QUE TODOS OS MÉRCORES DE MAIO E XUÑO PODEN PROBAR HOCKEY ÁS 17 HORAS NO PAVILLÓN "JUANITO AMIGO".

mércores, 18 de maio de 2016

COMEZAMOS A COLECCIONAR PALABRAS

COMO ALGÚNS DE VÓS XA QUEREDES COMEZAR A TRABALLAR, VOU IR ENGADINDO AS PALABRAS ESCOLLIDAS E ASÍ PODEDES CONSULTAR E NON REPETIR. GRAZAS
ACTUALIZADO 20/05/2016 08:04

ESTREAMOS PIZARRA

DENDE HOXE XA TEMOS OUTRA ACTIVIDADE MÁIS COA QUE GOZAR NO TEMPO DE RECREO: UNHA PIZARRA.
AGORA NO RECREO ADEMAIS DE XOGAR Á "MARIOLA", XOGAR AO BALONCESTO E FÚTBOL, LER CONTOS, TAMÉN PODEMOS DEBUXAR NA PIZARRA.

COLECCIONAMOS PALABRAS?

E SE TAMÉN NÓS COLECCIONAMOS PALABRAS?
ESE FOI A PETICIÓN UNÁNIME DESPOIS DE ESCOITAR ESTE MARABILLOSO ALBUM ILUSTRADO.



E TAL E COMO NOS PIDE LUNA, IMOS ESCRIBIR PALABRAS PARA A NOVA COLECCIÓN.
HOXE TEREDES TODA A INFORMACIÓN NA CASA, DE COMO FACELO E CANDO.

martes, 17 de maio de 2016

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O VINDEIRO MARTES É O 17 DE MAIO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS, E NO COLE CELEBRÁMOLO O VENRES 13..
 XA TEMOS NA ENTRADA A NOSA PARTICULAR LIÑA DO TEMPO DE MANUEL MARÍA FERNÁNDEZ TEIXEIRO:
PERO ADEMAIS HOXE, ESCOITAMOS UNHA ESCOLMA FEITA POLO ALUMNADO DE 6º, DE POEMAS DE MANUEL MARÍA DA MANS DE ALGÚNS/ALGUNHAS MESTRES/AS E TIVEMOS A ESTREA DE "A FIGUEIRA DE PELOSTORTOS", UN CORTO ELABORADO POLOS ALUMNOS DE 2º.

martes, 10 de maio de 2016

ANIVERSARIO IKER E DIEGO

DESPOIS DE MOITOS DÍAS SEN CELEBRAR ANIVERSARIOS, HOXE TEMOS 2, E OS AFORTUNADOS EN  ENTRAR NO CLUB DOS NENOS/AS DE 5 ANOS SON:
DIEGO E IKER

TROUXERON UNHA LARPEIRA RIQUÍSIMA NA QUE COLOCAMOS UNHA CANDEA CO NÚMERO 5 E SOPRARON EN VARIAS OCASIÓNS, SEPARADOS:
 PARABENS DIEGO, XA TES 5 ANOS!!
PARABENS IKER, XA TES 5 ANOS!!
E XUNTOS:

DESPOIS DE CANTAR TODAS AS CANCIÓNS QUE SABEMOS PARA ESTE DÍA TAN ESPECIAL...

FIXEMOS UNHA FOTO DE GRUPO.
ESPERO QUE DISFRUTARADES DA FESTA E DESTE DÍA TAN ESPECIAL. E GRAZAS POR COMPARTIR UNHA MERENDA TAN DELICIOSA:
LARPEIRA+PATACAS FRITAS= ÉXITO ASEGURADO
PARABENS DIEGO E IKER.

luns, 9 de maio de 2016

VISITA A SANTIAGO: AFUNDACIÓN ABANCA: EXPOSICIÓN FRANCISCO LEIRO, GALERIA SARGADELOS CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

DESPOIS DE TANTO AGARDAR CHEGOU O DÍA DE IR A SANTIAGO CUNHA DOBRE PROGRAMACIÓN.
PRIMEIRO VISITAR A EXPOSICIÓN: "FRANCISCO LEIRO, OS TRABALLOS E OS DÍAS" NO CENTRO ABANCA OBRA SOCIAL, ONDE NOS ESPERABA VANESA PARA VER A EXPOSICIÓN E EXPLICARNOS UNHA CHEA DE COUSAS SOBRE AS SÚAS ESCULTURAS:




ENORMES E IMPRESIONANTES, ESTIVERON MOI CALADOS E ATENTOS, PREPARADOS PARA APRENDER MOÍTISIMO,
REMATADA A VISITA SUBIMOS PARA FACER UN  OBRADOIRO ONDE NOS CONVERTEMOS EN ARTISTAS E PREPARAMOS UNS CADROS FEITOS COAS FOLLAS DAS ÁRBORES QUE FRANCISCO LEIRO UTILIZABA PARA AS SÚAS ESCULTURAS.


Á SAÍDA PASAMOS POLA PRAZA DA QUINTANA, O LUGAR AXEITADO PARA SENTAR E TOMAR A MERENDA TÍPICA DAS SAÍDAS.
REMATAMOS XUSTO A TEMPO, PORQUE COMEZARON A CAER UNHAS GOTIÑAS. ASÍ QUE RECOLLEMOS E FOMOS CARA Á GALERIA SARGADELOS, PARA PARTICIPAR NA XVI CAMPAÑA MUNICIPAL DE ANIMACIÓN Á LECTURA DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA: "CONTOS PARA DESPOIS DA CHUVIA", ONDE NOS ESTABA AGARDANDO PATRI.
CONVIDOUNOS A SUBIR AS ESCALEIRAS AMODIÑO E EN SILENZO, ESCOITANDO UNHA MÚSICA QUE PARECÍA SAÍR DO PISO DE ARRIBA, ANIMÁNDONOS A FIXARNOS NOS PÉS QUE HABÍA POLAS PAREDES.
 XA NO PISO DE ARRIBA ATOPÁMONOS CON ÁLEX O CAUSANTE DESA MÚSICA.
XA SENTADIÑOS, ESCOITAMOS A PATRI CONTAR "DESPOIS DA CHUVIA" E A ALEX POÑERLLE MÚSICA, E ALGUNHA QUE OUTRA VOZ.
A CONTINUACIÓN ESCOITAMOS "A QUE SABE A LÚA", QUE A PESAR DE QUE XA O COÑECÍAMOS MOI BEN, TIVO ALGUNHA SORPRESA.
DESPOIS SEGUINDO A ALEX O O SEU ACORDEÓN ATRAVESAMOS A CHUVIA ATA CHEGAR A O ESTUDIO DE PINTURA DE XOSÉ COBAS, UN GRAN ILUSTRADOR.
ALÍ  NOS CONTOU "O ARTISTA QUE PINTOU UN CABALO AZUL", ESTA VEZ TIVEMOS QUE AXUDAR COA NOSA VOZ, CANTANDO.
 



E PARA REMATAR FOMOS A UNHA SALA ESPECIAL ONDE NOS AGARDABA UNHA BALEA QUE TIÑA ALGUNHA QUE OUTRA SORPRESA.

SE QUERES VER MÁIS FOTOS DA XORNADA FAI CLIC AQUÍ.

domingo, 8 de maio de 2016

luns, 2 de maio de 2016

DÍA DA NAI

CARIÑOSA, VALIOSA, MARABILLOSA, BONDADOSA, LOITADORA, AMABLE, XENEROSA.
TODOS ESTES ADXETIVOS E ALGÚN MÁIS SEGURO QUE SE VOS PODE APLICAR.
PARA TODAS AS NAIS DA NOSA AULA E CON MOITO CARIÑO:


domingo, 1 de maio de 2016

FELIZ DÍA A TODAS AS NAIS

PARABENS!
HOXE QUEREMOS XOGAR UN POUCO CON VÓS, ASÍ QUE A FELICITACIÓN TERÁ QUE ESPERAR UN DÍA MÁIS.