mércores, 5 de xuño de 2019

ANIVERSARIO DE MARIO

HOXE ESTÁ DE ANIVERSARIO MARIO
 PARABENS MARIO, XA TES 6 ANOS!!
 MOITAS GRAZAS POR COMPARTIR ESTA MERENDA TAN RICA CON NÓS.
FOI UN DÍA MOI ESPECIAL.

luns, 3 de xuño de 2019

9 MESES 9 CONTOS: LA VENTANA MÁGICA

PARA REMATAR ESTE PROXECTO, TRABALLAREMOS ESTE CONTO:
LA VENTANA MÁGICA 
ESCRITO POR:
ANA ISABEL GARCÍA CAPAREY

E ILUSTRADO POR:
ROCIO LA PEQUEÑA
TRATA DO PASO DE INFANTIL A PRIMARIA, TRATAREMOS DE TRABALLAR OS MEDOS, AS INQUEDANZAS E AS INSEGURIDADES QUE XERA DEIXAR O COÑECIDO.


mércores, 29 de maio de 2019

Aniversario Iago

O día 18, Iago estivo de aniversario, pero celebrámolo hoxe.
PARABENS IAGO, XA TES 6 ANOS!
MOITAS GRAZAS POR COMPARTIR ESTA MERENDA CON NÓS.
FOI UN DÍA MOI ESPECIAL

luns, 20 de maio de 2019

Problemáticas: Exposicións

XA LEVAMOS UN PAR DE SEMANAS COAS EXPOSICIÓNS DAS PROBLEMÁTICAS E POLO DE AGORA SON UN ÉXITO, E A MAIORÍA DELES XA TEÑEN GANAS DE QUE LLES TOQUE.


CADA UN LE CON ORGULLO O SEU PROBLEMA, QUE OS COMPAÑEIROS/AS CONTESTAN, ENTRE TODOS/AS RAZONAMOS A RESPOSTA E POÑEMOS NOME Á OPERACIÓN, DECIDIMOS SE TEMOS QUE SUMAR OU RESTAR. 




ESCRÍBESE NA PIZARRA.
TANTO A OPERACIÓN COMO A RESPOSTA AO PROBLEMA. 
E PARA REMATAR CADA UN ESCRIBE NUNHA FOLLA IMPRESA O QUE FIXEMOS.
ESTOS SI QUE SON UNS BOS PROFES, TODOS/AS APRENDEN UN MONTÓN.

xoves, 16 de maio de 2019

EXPOSICIÓN DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2019

ESTE ANO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS ADÍCASE A_
ANTÓN FRAGUAS
 
NA ENTRADA TEMOS UNHA PEQUENA EXPOSICIÓN CON FOTOS DA SÚA VIDA, E CON PRODUCTOS DE ARTESANÍA GALEGA. Á QUE EL LLE ADEDICOU TANTO TEMPO.



 
 
ANIMÁMOSVOS A QUE A VISITEDES.
NÓS XA O FIXEMOS.

mércores, 15 de maio de 2019

9 MESES 9 CONTOS: O GALO QUIRICO

ESTIVEMOS FALANDO DALGUNHAS DAS TRADICIÓNS TÍPICAS DE GALICIA, VISITANDO A EXPOSICIÓN QUE TEMOS NA ENTRADA.
ESTA VEZ, ÍMONOS CENTRAR NA CERÁMICA, E DESPOIS DE VER ALGÚNS VÍDEOS. COMEZAMOS A TRABALLAR:




 E ASÍ NOS QUEDARON, PERO AINDA NON REMATAMOS:

AGORA TEREMOS QUE PINTALO, PERO HABERÁ QUE AGARDAR A QUE SEQUEN.