venres, 29 de marzo de 2019

mércores, 27 de marzo de 2019

AARÓN CONTA

HOXE O CONTACONTOS FOI:
AARÓN
QUE NOS CONTOU:
"GATO GUILLE Y LOS MOSTRUOS"
PARABENS AARÓN, FIXÉCHELO XENIAL!

Charla e Visita dos forestais

Hoxe tivemos a oportunidade de ter en infantil a Santiago Neira do Distrito Forestal III de Ordes que nos falou dun montón de cousas interesantes relacionadas co medio ambiente e coa prevención de incendios.
Vimos como traballan, e o interesante que é o seu traballo coidando do medioambiente, e ensinounos o importante que é a prevención de incendios, e máis cando o día anterior seguimos con preocupación o incendio que se propagou por Rianxo.

Pero ademáis hoxe tamén se achegou a Brigada de O Pino cunha motobomba na que nos subimos e despois vimos como utilizaban as magueiras para apagar os lumes.
Agardamos que os nosos pequenos coiden do noso entorno moito mellor do que o estamos facendo os maiores. Para ver máis fotos da xornada pulsa aquí.

luns, 25 de marzo de 2019

XAVI CONTA

HOXE O CONTACONTOS FOI:
 XAVIER
QUE NOS CONTOU:
"CONFUNDINDO HISTORIAS"
FPARABENS XAVI, FIXÉCHELO XENIAL!

mércores, 20 de marzo de 2019

9 MESES 9 CONTOS: FRIDA KAHLO

Coyoacán nos queda moi lonxe, e non poderemos achegarnos ao seu museo, pero neste vídeo nos amosan algunhas estancias:

luns, 18 de marzo de 2019

UNHA HISTORIA NUN MINUTO

FOI PUBLICADO NA WEB DO COLE O PRIMEIRO PROGRAMA DE "UNHA HISTORIA NUN MINUTO"
SE ALGUÉN SE QUERE ANIMAR, PODE CONTACTAR CO CENTRO.
FAI CLICK NA IMAXE PARA ESCOITALO

9 MESES 9 CONTOS: "PEQUEÑA&GRANDE FRIDA KAHLO"

PODEMOS FACER UNHA VISITA VIRTUAL DO MUSEO FRIDA KAHLO.
FAI CLIC NA IMAXE.
NA CLASE PROBAREMOS A FACER OS AUTORRETRATOS, PERO TAMÉN NA WEB HAI RECURSOS PARA INTENTALO.
FAI CLIC NA IMAXE.
RECURSOS ATOPADOS NO BLOG escueladeblanca.blogspot.com

NOA CONTA

HOXE A CONTACONTOS FOI:
NOA
QUE NOS CONTOU:
"CENICIENTA"
PARABENS NOA, FIXÉCHELO XENIAL!

9 meses 9 contos: FRIDA KAHLO

QUE VOS PARECE SE INTENTAMOS FACER A CASA DE FRIDA. UTILIZAREMOS UN FOLIO EN BLANCO E DESPOIS A PINTAREMOS:

venres, 15 de marzo de 2019

COMER BEN É DIVERTIDO

TANTO ONTE COMA HOXE, VEU Á NOSA CLASE LUCÍA, DENDE A AECC PARA EXPLICARNOS A NECESIDADE DE ALIMENTARNOS BEN.


TODO QUE APRENDIMOS CO SEU OBRADOIRO COMPARTÍMOLO NUN ARTIGO NO NOVO NÚMERO DO XORNAL ESCOLAR: PEGADAS, QUE ESTÁ A PUNTO DE CHEGAR ÁS VOSAS CASAS.

xoves, 14 de marzo de 2019

Realizamos autorretratos

DESPOIS DE ESCOITAR E VER COMO FACÍA FRIDA KAHLO OS SEUS AUTORRETRATOS, PROBAMOS A FACER NÓS UNS.
PRIMEIRO COMEZAMOS CO AUTORRETRADO DE HOXE:
O SELFIE
PARA ISO UTILIZAMOS A TABLET DA AULA:
 PARA DESPOIS FACER OUTRO DÍA UN AUTORRETRATO DEBUXADO:

 
 SEGUIREMOS PRACTICANDO, PORQUE SEGURO QUE MELLORAREMOS.

luns, 11 de marzo de 2019

venres, 8 de marzo de 2019

8M

Hoxe 8 de marzo celebramos o DÍA DA MULLER. Grazas ao concello recibimos a visita dunha MAGA que nos abraiou co seu espectáculo.
  Tamén saímos ao patio coas nosas frases a prol da muller:


CONVIENE SABER...
Conviene saber, y no lo olvides, que no hay mujer que tenga dueño, es una flor no es una propiedad, Conviene saber que que aunque jamas nos los dijeran de pequeño: El amor es el único juego en el que hay que empatar.

venres, 1 de marzo de 2019

Entroido 1 marzo 2019

E CHEGOU O GRAN DÍA DO ENTROIDO NO COLE:
O DÍA DO DESFILE
TODOS/AS ESTABAMOS XENIAIS



E A DESFILAR POLAS RÚAS DE SIGÜEIRO, A COÑECER A COSME III DE MEDICI E A COMER ROSQUILLAS.


UN DÍA MOI DIVERTIDO.
PODEDES VER MÁIS FOTOS DA XORNADA AQUÍ.