Amosando publicacións coa etiqueta Coruña. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Coruña. Amosar todas as publicacións

xoves, 14 de febreiro de 2019

Visita ao Acuario

Engarzado cos dous proxectos que temos en marcha, facemos a visita de hoxe:
(fai clic na imaxe para saber máis sobre o acuario)
Alí agardábanos Antonio, que nos explicou un montón de cousas sobre os seres que viven no acuario.
Vimos: focas, peixes paiaso, un polvo, centolas, mexillóns, unha chea de peixes (meros, douradas, robalizas, sardinas, fanecas,  rodaballos, xardas, xurelos, congros, sargos, sanmartiños...) a gastón (o tiburón), quenllas, cabaliños de mar... e tamén tocamos estrelas de mar.
Sacamos moitas fotos que podedes ver se facedes clic na seguinte imaxe.