venres, 21 de decembro de 2018

FESTA DE NADAL

NA FESTA DE HOXE, PASÁMOLO EN GRANDE.
- ESTIVEMOS EMOCIONADOS COAS UVAS
-COMEMOS CHOCOLATE CON CHURROS
-BAILAMOS
- SACAMOS FOTOS NO PHOTOCALL
 PODES VER TODAS AS FOTOS AQUÍ.

AMIGO INVISIBLE

TOCA OUTRA EMOCIÓN, NON SEI SE AGUANTAREMOS CON TANTAS...
O AMIGO INVISIBLE.
IMOS Á ENTRADA POLO NOSO AGASALLO.
E NA CLASE ABRIMOS OS PAQUETES UN POR UN, PARA AGRADECER O TRABALLO FEITO POR CADA UN E UNHA NAS SÚAS CASAS.

 VISITAMOS AS AULAS DE INFANTIL PARA VER QUE OUTROS REGALOS RECIBIRON.
HAI VERDADEIRAS OBRAS DE ARTE, PARABENS ÁS FAMILIAS.
PODEDES VER MÁIS FOTOS AQUÍ.

VISITA DO PAXE REAL

COMO XA SABEDES UNHA DAS NAIS FOI NOMEADA PAXE REAL POLAS SÚAS MAXESTADES OS REIS MAGOS DE ORIENTE, E NON SABEDES QUE GRAN SORTE, PORQUE ELA ENTREGARÁ AS NOSAS CARTAS CON MOITO AMOR.
UN A UN E UNHA A UNHA FORON ENTREGÁNDOLLE A SÚA CARTA:

 Á VOLTA DAS VACACIÓNS VEREMOS SE SE CUMPLIRON OS NOSOS DESEXOS.

xoves, 20 de decembro de 2018

VISITAMOS CORREOS

HOXE VISITAMOS CORREOS PARA ALGO MOI ESPECIAL:
POÑERLLE UN SELO Á FELICITACIÓN DE NADAL


TRABALLAMOS MOI CONCENTRADOS PARA QUE VOS GUSTASE.
 PROXIMAMENTE NAS VOSAS CASAS.

E DE PASO, INVITADOS POLO CONCELLO SUBIMOS A UN CARRUSEL.

MÁIS FOTOS DA XORNADA AQUÍ.

ANIVERSARIO DE XAVI

O SÁBADO ESTARÁ DE ANIVERSARIO XAVI, PERO CELEBRÁMOLO HOXE.
PARABENS XAVI, XA TES 5 ANOS!
MOITAS GRAZAS POR COMPARTIR ESTA MERENDA TAN RICA CON NÓS.
FOI UN DÍA MOI ESPECIAL.

mércores, 19 de decembro de 2018

AMIGO INVISIBLE

XA TEMOS OS AGASALLOS PREPARADOS:
QUE NERVIOS!

Aniversario de Laia

O DÍA 5 ESTIVO DE ANIVERSARIO LAIA, PERO NON O CELEBRAMOS ATA HOXE.
 PARABENS LAIA, XA TES 5 ANOS!
 MOITAS GRAZAS POR COMPARTIR CON NÓS ESTA MERENDA TAN RICA.
FOI UN DÍA MOI ESPECIAL.

venres, 14 de decembro de 2018

PREPARANDO O NADAL

NA CLASE ESTAMOS FACENDO VARIAS MANUALIDADES, DENTRO DE NADA VEREDES O RESULTADO:


 ESTAS ÁRBORES XA ESTÁ COLOCADAS NA ENTRADA AO CENTRO.

martes, 4 de decembro de 2018

luns, 3 de decembro de 2018

9 MESES 9 CONTOS: ¡CÓMO EL GRINCH ROBÓ LA NAVIDAD!

ESTE MES, TRABALLAREMOS SOBRE UN CONTO QUE NOS FALA DAS TRADICIÓNS DE NADAL, E QUE MELLOR MOTIVACIÓN QUE ADEMAIS PODER GOZALA NO CINE, COA PRIMEIRA SAÍDA DO CURSO.
ESCRITO E ILUSTRADO POLO DR. SEUSS.

CHANEL CONTA...

HOXE A CONTACONTOS FOI:
CHANEL
QUE NOS CONTOU:
"LOS TRES CERDITOS"
PARABENS CHANEL, FIXÉCHELO XENIAL!