xoves, 24 de decembro de 2015

FELICITACIÓN DE NADAL

XA ESTARÁN CHEGANDO Á CASA AS FELICITACIÓNS DE NADAL.
FIXÉMOLA CON MOITO CARIÑO.
FELICES FESTAS E BO NADAL!

luns, 21 de decembro de 2015

venres, 18 de decembro de 2015

FESTA DE FIN DE TRIMESTRE: NADAL

TRALO  CONCERTO, E XA TODOS PREPARADOS...
TIVEMOS TEATRO: A FOTO DE NADAL.
UNHA OBRA INTERPRETADA POLO GRUPO DE TEATRO EN FAMILIA, ACTIVIDADE ORGANIZADA POLA ANPA O CARBOEIRO. 
DA QUE GOZAMOS MOITÍSIMO.
E DESPOIS O TAN ESPERADO COTILLÓN
COMIMOS UVAS, LACASITOS, OSITOS,... AO SON DAS BADALADAS.
E PARA CONTINUAR UNHA SESIÓN KARAOKE NA QUE CANTAMOS XENIAL.
E POR ÚLTIMO A POLO CHOCOLATE CON CHURROS!
 QUE ESTABA BOÍSIMO!

FOI UN DÍA ESPECIAL CON MOITAS ACTIVIDADES. 
GRAZAS ÁS FAMILIAS POR COLABORAR.
VÉMONOS EN XANEIRO.




EnClave APRENDEMOS A TOCAR INSTRUMENTOS

HOXE TIVEMOS UNHA GRAN VISITA:
VIÑERON PAULA, ELISA, MILA E SARA DE EnClave.
SON PROFES DE VIOLÍN, VIOLA, PIANO E CHELO
ENSINÁRONNOS A TOCAR, SI SI A TOCAR, SE QUEDES VER COMO O FIXERON TEDES ESTE VÍDEO.
FOI MOI DIVERTIDO.
TRABALLAN DUN XEITO MOI DIVERTIDO, SE QUEREDES SABER MÁIS RECORDADE A ENTRADA SOBRE ELAS OU FACEDE CLICK AQUI.

xoves, 17 de decembro de 2015

UN RESUMO DE HOXE

XA VISTEDES QUE HOXE FOI UN DÍA CHEO DE ACTIVIDADES.

IMOS A CORREOS

ESTA DERRADEIRA SEMANA FOI DE MOITO TRABALLO. POR FIN HOXE REMATAMOS A POSTAL PARA ENVIAR Á CASA, ASÍ QUE CON MOITA ILUSIÓN IMOS POÑERLLE O SELO AO NOSO SOBRE.
DESPOIS DE CAMIÑAR UN BO RATO, E SEN CHOVER, CHEGAMOS A CORREOS.
 XA DENTRO UN A UN  FOMOS COLOCANDO O SELO NOS SOBRES.

AGORA A ESPERAR... CANDO CHEGARÁ?

ANIVERSARIO DE NICOLÁS E ANABEL

HOXE CELEBRAMOS OS DOUS ANIVERSARIOS QUE QUEDAN NESTE ANO, AÍNDA QUE ANABEL CUMPRE O DÍA 22 E NICO O 23.
PRIMEIRO CAMBIAMOS A FOTO DE CARTEL.
 E DESPOIS PROCEDEMOS A COLOCAR AS CANDEAS NUNHA LARPEIRA ENORME.
PARA LOGO CANTARLLES E SOPRAR. E POR SUPOSTO DISFRUTAR DESTA MERENDA TAN DELICIOSA QUE CONNOSCO COMPARTEN.

 PARABENS NICO E ANABEL EN UNS DÍAS XA TEREDES 4 ANOS!!! 
 

DISFRUTADE MOITO DA VOSA FESTA.
PARABENS A OS DOUS!



INTERCAMBIO DE POSTAIS DE NADAL ENTRE AULAS

O ANO PASADO XA ORGANIZARAMOS UN INTERCAMBIO DE POSTAIS DENTRO DO CENTRO. ESTE ANO FOI ALGO DIFERENTE, XA QUE O INTERCAMBIO SE FIXO ENTRE AULAS, E A NÓS TOCOUNOS CO GRUPO DE 5º.
CHEGARON CANTANDO...
NOS AGARDÁBAMOS COAS NOSAS POSTAIS
COLOCARONSE DETRÁS DO NENO/A CO QUE ÍAN INTERCAMBIAR
E FORON SAÍNDO PARA QUE POIDERAMOS VELOS.
 E QUEDAMOS MOI FELICES COAS NOSAS POSTAIS
FEITAS POLO NENOS/AS DE 5º, NAS QUE LLES DESEXAMOS UN BO NADAL.

Mañá... ENCLAVE

ENTRE AS MOITAS ACTIVIDADES PREVISTAS PARA MAÑÁ, TEMOS A VISITA DE:
UNHAS MESTRAS DE DIFERENTES INSTRUMENTOS (VIOLONCHELO, VIOLÍN, VIOLA E PIANO) QUE ACHEGAN E ENSINAN MÚSICA DUN XEITO DIFERENTE E MOI DIVERTIDO AOS NENOS/AS DENDE MOI PEQUENOS.
SE QUEREDES SABER MÁIS FACEDE CLICK NO SEU LOGO E TAMÉN PODEDES VISITAR O SEU FACEBOOK, E PERFIL DE GOOGLE +

mércores, 16 de decembro de 2015

O PAXE REAL

E CHEGOU O DÍA DA VISITA DO PAXE REAL.
POR CURSOS FÓMONOS ACHEGANDO A ENTREGAR A CARTA QUE TIÑAMOS ESCRITA PARA OS REIS MAGOS,
FIXEMOS UNHA FOTO TODOS XUNTOS E LOGO UN A UN PASAMOS A ENTREGARLLE A CARTA PARA QUE LLA LEVE DIRECTAMENTE AOS REIS MAGOS. ESTA VEZ AS SÚAS MAXESTADES NON PUIDERON VIR, XA QUE TEÑEN MOITOS CENTROS AOS QUE VISITAR. 
MOITOS NERVIOS E MOITA ILUSIÓN...

 OUTRO DÍA QUE QUEDARÁ PARA O RECORDO,... 
MOITAS GRAZAS PAXE REAL POLA TÚA VISITA E O TEMPO QUE DEDICACHES A CADA UN DE NÓS.

martes, 15 de decembro de 2015

VISITA DA DGT E POLICÍA LOCAL

TIVEMOS  A VISITA NO CENTRO DE ROSA E ROCÍO, QUE PERTENCEN Á XEFATURA PROVINCIAL DE TRÁFICO DE A CORUÑA, PARA INTRODUCIRNOS NA EDUCACIÓN VIAL.
CON ELAS TAMÉN VEU SUSO, O POLICÍA LOCAL, QUE NOS PREGUNTOU POR ALGUNHAS NORMAS E NOS AMOSOU O SEU COCHE PATRULLA.
IMAXINADE O QUE DESFRUTARON ENTRANDO NO COCHE, POÑENDO AS LUCES E A SIRENA.
HOXE FOI O COMEZO DUN PROXECTO QUE  ABRANGUERÁ O QUE QUEDA DO CURSO, ENMARCADO NO PLAN PROYECTA: "MOBILIDADE SOSTIBLE E SEGURA" ORGANIZADO POLA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN.