mércores, 31 de outubro de 2018

CARREIRA E MAGOSTO

COMA TODOS OS ANOS CELEBRAMOS O MAGOSTO CUNHA CARREIRA ESCOLAR.
FOI UN DÍA FANTÁSTICO, MOITAS GRAZAS POR COMPARTILO CON NÓS.

martes, 30 de outubro de 2018

luns, 29 de outubro de 2018

ACHÉGASE O SAMAÍN

NON QUEDA NADA, E NA CLASE IMOS AMBIENTANDO CUNHAS CABAZAS:
SEN DEBUXAR E SÓ RECORTANDO E PEGANDO PAPEIS DE 3 CORES (LARANXA, VERDE E AZUL) FACEMOS UNHAS CABAZAS MOI ORIXINAIS.
 
ASÍ QUEDARON ALGUNHAS:



IAGO CONTA...

HOXE O CONTACONTOS FOI:
IAGO
QUE NOS CONTOU:
"CERCA"
PARABENS IAGO, FIXÉCHELO XENIAL!

A MALETA VIAXEIRA DOS NÚMEROS

HOXE NEREA LEVOU A MALETA VIAXEIRA DOS NÚMEROS.
LEVA UNHAS INSTRUCIÓNS QUE EXPLICAMOS NA CLASE, E TAMÉN VAN NA MALETA.
UNHAS INSTRUCIÓNS XERAIS:

E UNHAS INSTRUCIÓNS PARA CADA XOGO. AGORA MESMO VAI CON CINCO XOGOS:
1- O UNILLO:
2- AS SUMAS DOS AVÓS:
3- OS COCHES NUMÉRICOS
4- AS SERIES DOS VERMES
5- OS AMIGOS DO...
ESTA IDEA FOI TOMADA DO BLOG RINCON DE UNA MAESTRA TEN MOITÍSIMAS ACTIVIDADES PARA FACER NA CLASE, ANÍMOVOS A VISITALA. E GRAZAS ÁNGELA POR COMPARTIR UN MATERIAL TAN MOTIVADOR.
CON TODOS ELES PRETENDEMOS TRABALLAR DE MODO LÚDICO CONCEPTOS LÓXICO.MATEMÁTICOS.
IRÁ PARA AS CASAS OS LUNS E OS MÉRCORES.
AGARDAMOS OS VOSOS COMENTARIOS.

luns, 22 de outubro de 2018

NAIA CONTA...

HOXE A CONTACONTOS FOI:
NAIA
QUE NOS CONTOU:
"OREJAS DE MARIPOSA"
PARABENS NAIA, FIXECHELO XENIAL!

xoves, 11 de outubro de 2018

AS VOGAIS

ATA O DE AGORA XA ESCRIBIMOS AS VOGAIS EN MINÚSCULAS. A ALGÚNS AÍNDA SE LLE RESTISTE ALGUNHA, PERO O CERTO É QUE O FAN MOI BEN.
PARA PODER PRACTICAR NA CASA, DEÍXOVOS ESTE VÍDEO ONDE PODEDES VER COMO O ESTAMOS A FACER NA CLASE. (NO O EN VEZ DE SOMBREIRO DICIMOS MOÑITO).
TAMÉN PODEDES PRACTICAR CON ESTE XOGO:
(FAI CLICK NA IMAXE)

ANIVERSARIO DE LEO

HOXE CELEBRAMOS UNHA FESTA, XUSTO ANTES DA PONTE:
O ANIVERSARIO DE LEO
PARABENS, LEO, XA TES 5 ANOS!
MOITAS GRAZAS POR CELEBRALO CON NÓS.
FOI UN DÍA MOI ESPECIAL.

luns, 8 de outubro de 2018

HUGO G. MANDAYO CONTA...

HOXE O CONTACONTOS FOI:
HUGO GARCÍA MANDAYO
QUE NOS CONTOU:
¡DINOSAURIO ÑAM!
PARABENS HUGO, FIXÉCHELO XENIAL!

venres, 5 de outubro de 2018

IMOS Á BIBLIOTECA

POR PRIMEIRA VEZ, NESTE CURSO, IMOS Á BIBLIOTECA.
SUBIMOS EN 2 GRUPOS, QUE AGARDAN FÓRA, XA QUE DENTRO HAI CLASE DE INFORMÁTICA. ENTRAMOS DE 4 EN 4, ESCOLLEMOS CONTO, REXISTRÁMOLO NO PRÉSTAMO, E SAÍMOS CON EL.
SEMPRE MOI CALADIÑOS PARA NON MOLESTAR AOS MAIORES DE PRIMARIA QUE ESTÁN TRABALLANDO.
AO CHEGAR Á AULA, AGÁRDANOS ROSA, REPARTIMOS CARPETA E FOLLA DE TRABALLO, E POR ÚLTIMO METEMOS TODO NA MOCHILA DA BIBLIOTECA.


mércores, 3 de outubro de 2018

9 MESES, 9 CONTOS: SEIS BARBUDOS

PREPARANDO AS CLASES NO VERÁN, ESTIVEN INVESTIGANDO SOBRE QUE TRABALLAR ESTE CURSO. DADAS AS CARACTERÍSTICAS DOS MEUS FUTUROS ALUMNOS/AS (5 ANOS, CADA CURSO UNHA TITORA, E QUE NUNCA LEVARON CONTOS DA BIBLIOTECA PARA CASA...) DECIDÍN TRABALLAR INSPIRÁNDONOS NOS CONTOS. E ASÍ FOI COMO ATOPEI: EL AULA DE MI AULA, UN BLOG DUNHA COMPAÑEIRA, QUE AMOSA O SEU TRABALLO NA AULA.
NÓS NON IMOS TRABALLAR OS MESMOS LIBROS, PERO EN ESENCIA OS OBXECTIVOS SERÁN OS MESMOS.
ESTA SEMANA COMEZAMOS OUTUBRO, PRIMEIRO MES E PRIMEIRO ÁLBUME ILUSTRADO:
ESCRITO POR MAR PAVÓN E ILUSTRADO POR VITALI KONSTANTINOV.

O ANIVERSARIO DE PAULA

CHEGOU O TERCEIRO ANIVERSARIO, E FESTA ASEGURADA:
O ANIVERSARIO DE PAULA
PARABENS PAULA, XA TES 5 ANOS!
FOI UN DÍA MOI ESPECIAL.
GRAZAS POR COMPARTILO CON NÓS.

luns, 1 de outubro de 2018

LAIA CONTA...

HOXE A CONTACONTOS FOI:
LAIA
QUE NOS CONTOU:
"UNA NUEVA CASA"
PARABENS LAIA, FÍXECHELO MOI BEN.