venres, 26 de abril de 2019

9 MESES 9 CONTOS: SIN TÍTULO

DENTRO DAS TAREFAS DO CONTO DESTE MES,  CADA UN INVENTOU O SEU PROPIO CONTO. PARECÍA COMPLICADO PERO O CERTO FOI QUE O RESOLVERON MOI BEN:
 VEREDES O TRABALLO REMATADO CANDO O LEVEN PARA CASA.

mércores, 24 de abril de 2019

Visita á lonxa e ao porto de Ribeira

CHEGOU O DÍA AGARDADO, XA TIÑAMOS GANAS DE QUE CHEGARA: O DÍA DA EXCURSIÓN. SEMPRE É EMOCIONANTE SAÍR DO COLE PARA VER MOITAS DAS COUSAS DAS QUE FALAMOS NAS CLASES.
ESTA VEZ, DENTRO DO PROGRAMA: O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR, SAÍMOS DE XEITO GRATUÍTO A VER UNHA LONXA E UN PORTO, PARA COÑECER A MANEIRA DE COMO O PEIXE CHEGA AOS SUPERMERCADOS, PESCADERÍAS,...

(SE FACEDES CLIC NA IMAXE PODEREDES VER OUTRAS FOTOS DA XORNADA)
VISITAMOS AS DIFERENTES ESTANCIAS DA LONXA, CAMIÑAMOS POLO PORTO E VISITAMOS UNHA FÁBRICA DE XEO,.. ATA NOS DEIXARON XOGAR CON EL. 
 

 

 E PARA FINALIZAR TIVEMOS UNHA DEGUSTACIÓN DE PLATOS COCIÑADOS CON PEIXE: ENSALADA E EMPANADA. 

luns, 15 de abril de 2019

PROBLEMÁTICAS

NESTES DÍAS DE LECER, HABERÁ QUE TRABALLAR UN POUQUIÑO. SÓ INVENTAR UN PROBLEMA COAS IMAXES QUE XA TEDES NAS CASAS.
O 26 DE ABRIL VIRÁ NA CARPETA DA BIBLIOTECA E A ORDE PARA CONTAR OS VOSOS PROBLEMAS SERÁ:

venres, 12 de abril de 2019

III SEMANA SOLIDARIA DE TEATRO: VENRES

PARA REMATAR TIVEMOS AS OBRAS DE:
3º E.P.:UN MONSTRO DE CORES
1º A E.P.: ASAMBLEA DE MONSTROS



XA QUE REMATAMOS ESTA SEMANA SOLIDARIA VEU UNHA REPRESENTANTE DE SAHEBBI PARA RECOLLER OS CARTOS RECAUDADOS, CASE 500€, QUE SE ADICARÁN A REFUXIADOS SAHARAUÍS.



 E SE FACEDES CLIC AQUÍ, PODEREDES VER TODAS AS FOTOS DA SEMANA,

xoves, 11 de abril de 2019

III SEMANA SOLIDARIA DE TEATRO: XOVES

POR FIN, CHEGOU O NOSO DÍA, PERO ANTES TEMOS QUE VER A OBRA DE
4º E.P.: AI MAMASIÑA QUE MEDO!
6º E.I.: BÚSCASE REI
FOI UN DÍA CHEO DE NERVIOS E ILUSIÓN POR IGUAL. FIXÉRONNO MOI MOI BEN, E TIVEMOS UNS MERECEDÍSIMOS APLAUSOS. ESTÁBAMOS TAN CONTENTOS/AS...


mércores, 10 de abril de 2019

III TERCEIRA SEMANA SOLIDARIA DE TEATRO: MÉRCORES

ESTAMOS NA METADE DA SEMANA DE TEATRO, QUE NOS AGARDARÁ HOXE E CANDO NOS TOCA A NÓS SON AS PREGUNTAS MÁIS REPETIDAS ESTES DÍAS.

MAÑÁ XA É O DÍA. E HOXE TÓCALLE AOS MÁIS PEQUENOS DO COLE:
4º E.I.: O LOBO E OS 17 CABRITIÑOS
5º E.I.: RATALINDA DE COMPOSTELA
MAÑÁ MÁIS...

martes, 9 de abril de 2019

luns, 8 de abril de 2019

III TERCEIRA SEMANA SOLIDARIA DE TEATRO: LUNS

HOXE INAUGURAMOS CUN GRAN ACTOR: XABIER DEIVE
E TAMÉN ESTIVO NO COLE A TVG PARA EMITIR EN DIRECTO NO SEU PROGRAMA A REVISTA.
TODOS/AS GOZAMOS CUNHA XORNADA DE TEATRO ESPECTACULAR:


6º E.P.: RESTAURANTE FARRUCO
5º E.P.: O MÁIS ALTO DO PODIO

mércores, 3 de abril de 2019

martes, 2 de abril de 2019

YLENIA CONTA

HOXE A CONTACONTOS FOI:
YLENIA
QUE NOS CONTOU:
"NON É UNHA CAIXA"
PARABENS YLENIA, FIXÉCHELO XENIAL! 

luns, 1 de abril de 2019

SEMANA DO TEATRO: ENSAIOS

A SEMANA DO 8 AO 12 DE ABRIL TEREMOS A NOSA SEMANA SOLIDARIA DE TEATRO, XA NA TERCEIRA EDICIÓN:

E TOCA ENSAIAR MOITO.



9 meses 9 contos: "Sin título"

DURANTE O MES DE ABRIL TRABALLAREMOS SOBRE O ÁLBUME ILUSTRADO:
ESCRITO E ILUSTRADO POR:
HERVÉ TULLET
APROVEITAREMOS QUE ESTE MES CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO PARA CREAR UN NOSO.