venres, 30 de xaneiro de 2015

DÍA ESCOLAR POLA PAZ

HOXE CELEBRAMOS EN TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA O DÍA POLA PAZ, LEVAMOS TODA A SEMANA FACENDO XOGOS COOPERATIVOS E PRACTICANDO CANCIÓNS SOBRE A PAZ.
PREPARAMOS UNHAS POMBAS DA PAZ PARA COLABORAR COA DECORACIÓN DO CENTRO.

E FIXEMOS UNHA RECOLLIDA DE ALIMENTOS PARA OS MÁIS NECESITADOS DO CONCELLO DE OROSO.
 
 
QUE POUCO A POUCO FOI MEDRANDO ATA CHEGAR O DÍA 30, CANDO OS ALUMNOS/AS DE 6º MÁIS OS DE 3 ANOS, FIXEMOS ENTREGA AO CONCELLO E A SERVIZOS SOCIAIS DE TODO O RECOLLIDO.
CUNHA CADEA ENCHIMOS A FURGONETA COS ALIMENTOS, E NON SABEDES O BEN QUE O PASAMOS.




MOITAS GRAZAS A TODOS POLA VOSA COLABORACIÓN.

E DESPOIS TIVEMOS A OCASIÓN DE XUNTARNOS TODOS PARA ESCOITAR E CANTAR O QUE ESTIVEMOS ENSAIANDO TODA A SEMANA.


ASÍ FOI UNHA XORNADA ESPECIAL POLA PAZ.

PELUSA VAI DE VISITA CON... ADRIANA

OUTRO VENRES MÁIS, E PELUSA MARCHA PARA CASA DE...
ADRIANA
O LUNS TERANOS QUE CONTAR TODO O QUE FIXERON. ESPEREMOS QUE O TEMPO MELLORE E POIDAN FACER XUNTAS ACTIVIDADES MOI DIVERTIDAS.

xoves, 29 de xaneiro de 2015

AS EMOCIÓNS: O MOUNSTRUO DE CORES III

ESTA SEMANA TOUCO FALAR DOUTRA EMOCIÓN:
A RABIA

CANDO ESTAMOS ENFADADOS SENTES QUE SE COMETEU UNHA INXUSTIZA E QUERES DESCARGAR A RABIA NOUTROS.
PROBAMOS A POÑER CARA DE ENFADADO E TAMÉN VIMOS DOUS VIDEOS QUE ILUSTRAN MOITO ESTA EMOCIÓn, E PODE AXUDARNOS A TRATAR DE CALMARNOS E A REFLEXIONAR PORQUÉ PASA.

A PARTIR DE AGORA A VER SE CANDO NOS ENFADAMOS, CONTAMOS O QUE NOS PASA A PAPÁ, MAMÁ, A PROFE,.. OU CONTAMOS ATA 10 E SE NOS PASA ANTES DE REMATAR.

martes, 27 de xaneiro de 2015

ANIVERSARIO DE MARTA

HOXE MARTA CUMPRE 4 ANOS, ASÍ QUE ESCOLLEU A SÚA COROA E INAUGURAMOS O CARTEL DOS NENOS QUE XA TEÑEN 4 ANOS.
PREPARAMOS A SÚA TARTA E UN LUGAR ESPECIAL PARA COLOCARSE, E COMEZAMOS A CANTAR.
COMA SEMPRE CANTAMOS TODAS AS CANCIÓNS QUE SABEMOS DE ANIVERSARIOS..
PARA PODER APAGA LAS CANDEAS MOITAS VECES.
E FIXEMOS UNHA FOTO TODOS XUNTOS.
E SOPRAMOS TODOS XUNTOS...
FELIZ ANIVERSARIO MARTA!!1
XA TES 4 ANOS!!

PELUSA REGRESOU DE CASA DE... XOEL

ESTA FIN DE SEMANA, PELUSA ESTIVO CON XOEL E A SÚA FAMILIA. E ASÍ NOLO CONTOU.

COMO XA VAI SENDO HABITUAL, PLANIFICARON MOITÍSIMAS ACTIVIDADES PARA FACER XUNTOS. E TAMÉN CELEBRARON O ANIVERSARIO DO PADRIÑO DE XOEL.

FORON DE PASEO ATA CABÍO (PUEBLA  DO CARAMIÑAL), E TAMÉN ATA A CIDADE DA CULTURA, EN SANTIAGO. MONTOU EN BICI E MOI BEN AGRIGADIÑA, PORQUE FACÍA UN POUCO DE VENTO.

XOEL PRESTOULLE OS SEUS XOGUETES, E XOGARON XUNTOS UN PARTIDO CO FUTBOLÍN CONTRA DIEGO, O PAI DE XOEL.

PERO TAMÉN TIVERON TEMPO PARA FACER OS DEBERES, ASÍ QUE TAMÉN LERON O CONTO.

E ACABARON AGOTADOS, ASÍ QUE TAMÉN TIVERON TEMPO PARA DESCANSAR,

OUTRA FIN DE SEMANA CHEA DE EMOCIÓNS...

luns, 26 de xaneiro de 2015

OS NOSOS NOMES

XA ESTÁ LISTO O NOSO PRIMEIRO LIBRO PARA TRABALLAR NAS CASAS.
 ESTE LUNS COMEZOU ANABEL A LEVALO, E TEN QUE TRAELO AO DÍA SEGUINTE.
RECORDADE QUE NESTA PRIMEIRA RONDA, TEREDES QUE AXUDAR A LER OS NOMES DOS SEUS COMPAÑEIROS E SERÁN ELES QUE BUSQUEN AS FOTOS.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

venres, 23 de xaneiro de 2015

PELUSA VAI DE VISITA CON... XOEL

COMO É HABITUAL, OS VENRES PELUSA ESCOLLE UNHA CASA Á QUE VISITAR PARA NON QUEDAR SOA NO COLE. E ESTA VEZ ESCOLLEU A CASA DE..
XOEL
O LUNS TERÁ QUE CONTAR TODO O QUE FIXERON XUNTOS, SEGURO QUE O PASARON XENIAL.

mércores, 21 de xaneiro de 2015

AS EMOCIÓNS: O MOUNSTRUO DE CORES II

ESTA SEMANA ESTAMOS A TRABALLAR OUTRA EMOCIÓN:
A TRISTURA
TAL E COMO DÍ O CONTO... CANDO ESTÁS TRISTE ESCONDESTE E QUERES ESTAR SÓ E NON QUERES FACER NADA DE NADA.

PROBAMOS A POÑER CARAS TRISTES E A VERDADE E QUE NOS SAEN MOI MOI BEN, PERO AÍNDA NON TEMOS CLARO O QUE NOS FAI ESTAR TRISTES, ASÍ QUE IMOS A SEGUIR INVESTIGANDO.
E SE PENSAMOS O QUE LLES PASA A ESTOS NENOS?, A QUE PARECEN ESTAR MOI MOI TRISTES?
 
CADROS DE MARGARET KEANE, DE ACTUALIZADE GRAZAS Á PELÍCULA "BIG EYES" DE TIM BURTON.

"POBRES AL BORDE DEL MAR" PICASSO (1903)

luns, 19 de xaneiro de 2015

PELUSA REGRESOU DE CASA DE... NOA VILAR

ESTE FIN DE SEMANA PELUSA ESTIVO NA CASA DE NOA VILAR, E ASÍ NOLO CONTOU.

FIXERON MOITAS COUSAS XUNTAS, A PESAR DO TEMPO, PORQUE ESTIVO CHOVENDO MOITO, MOITO TEMPO..
FORON A CASA DOS AVÓS DE NOA E ALÍ PRESENTOULLE A UN MONTÓN DE ANIMALES ENTRE ELES AS VACAS, ERA A PRIMEIRA VEZ QUE PELUSA VÍA UNHA VACA SEGURO QUE LLE PARECERON ENORMES.
TAMÉN LLE PRESENTOU OS SEUS XOGUETES PREFERIDOS, NON SABEMOS SE ERA PARA VER SE SE FACÍAN AMIGOS, OU PARA QUE XOGARA CON ELES.
TAMÉN COMEU MOITÍSIMO, E COUSAS MOI RICAS,
E DESPOIS DE TANTAS ACTIVIDADES, PELUSA XA ESTABA UN POUCO SUCIA ASÍ QUE FOI AO BAÑO. E POR SUPOSTO DESPOIS PARA CAMA A DORMIR MOITO. SSSS QUE NOA XA DURME...

venres, 16 de xaneiro de 2015

luns, 12 de xaneiro de 2015

AS EMOCIÓNS: O MOUNSTRUO DE CORES

HOXE COMEZAMOS COA LECTURA DE OUTRO CONTO QUE NOS DEIXARON NA AULA OS REIS MAGOS:
UN LIBRO XENIAL SOBRE AS EMOCIÓNS:

E XA COMEZAMOS A PREPARAR TODO PARA TRABALLALAS.POLO DE AGORA ENTRE TODOS COLOREAMOS O MOUNSTRUO FEITO UN LÍO COAS EMOCIÓNS.


 E XA O COLOCAMOS NA CORTIZA...

AGORA SÓ TEMOS QUE COMEZAR A TRABALLAR CADA UNHA DAS EMOCIÓNS.
E A PRIMEIRA SERÁ A LEDICIA, TEDES ALGUNHA SUXERENCIA PARA TRABALLALA?

PELUSA REGRESOU DE CASA DE... DIEGO

ESTE FIN DE SEMANA PELUSA ESTIVO NA CASA DE DIEGO. E ASÍ NOLO CONTOU...
FIXERON MOITAS COUSAS XUNTOS, E ALGUNHAS QUE PELUSA NUNCA TIVO OCASIÓN DE FACELAS, ESTA FIN DE SEMANA PÓDESE DICIR QUE FOI SOBRE RODAS, XA QUE PELUSA CON AXUDA DE DIEGO E MARIO (O SEU IRMÁN) MONTOU EN COCHE, TRACTOR, BICI, MOTO DE XOGUETE E MOTO DE VERDADE...



DIEGO TAMÉN LLE PRESENTOU A SÚA FAMILIA: AVÓS, TÍOS, MADRIÑA, AMIGOS... 
FOI VER UN PARTIDO DE FÚTBOL E DESPOIS DE TANTA ACTIVIDADE UNHA MASAXE ERA O INDICADO. 
 

TIVO A OPORTUNIDADE DE CEAR UN ANACO DE TORTILLA DA ÁVOA DE DIEGO, A SÚA COMIDA PREFERIDA.

PERO QUE SORTE TEN PELUSA QUE A TRATAN MOI, PERO QUE MOI BEN.

NON SEI SE LLE QUEDARÁ MOITAS COUSAS POR FACER. PERO SEGURO QUE EN CASA UNHA DAS VOSAS CASAS APRENDERÁ MOITÍIIIISIMO.
AGORA TOCA PENSAR, QUEN SERÁ O SEGUINTE?