xoves, 14 de febreiro de 2019

Visita ao Acuario

Engarzado cos dous proxectos que temos en marcha, facemos a visita de hoxe:
(fai clic na imaxe para saber máis sobre o acuario)
Alí agardábanos Antonio, que nos explicou un montón de cousas sobre os seres que viven no acuario.
Vimos: focas, peixes paiaso, un polvo, centolas, mexillóns, unha chea de peixes (meros, douradas, robalizas, sardinas, fanecas,  rodaballos, xardas, xurelos, congros, sargos, sanmartiños...) a gastón (o tiburón), quenllas, cabaliños de mar... e tamén tocamos estrelas de mar.
Sacamos moitas fotos que podedes ver se facedes clic na seguinte imaxe.

1 comentario:

  1. Mario veu contentísimo....disfrutan moito das excursiones por ir no bus,cos seis amigos e mestre. E aprenden moitas cousas
    Graza

    ResponderEliminar