Hoxe tivemos a oportunidade de ter en infantil a Santiago Neira do Distrito Forestal III de Ordes que nos falou dun montón de cousas interesantes relacionadas co medio ambiente e coa prevención de incendios.
Vimos como traballan, e o interesante que é o seu traballo coidando do medioambiente, e ensinounos o importante que é a prevención de incendios, e máis cando o día anterior seguimos con preocupación o incendio que se propagou por Rianxo.
Pero ademáis hoxe tamén se achegou a Brigada de O Pino cunha motobomba na que nos subimos e despois vimos como utilizaban as magueiras para apagar os lumes.
Agardamos que os nosos pequenos coiden do noso entorno moito mellor do que o estamos facendo os maiores. Para ver máis fotos da xornada pulsa aquí.
A Motobomba foi a BOMBAAAAAAAAAAA
ResponderEliminarao menos para Mario e veu abraiado