xoves, 31 de marzo de 2016

SOMOS WARHOLITOS

ESTA SEMANA CONVERTÉMONOS EN WARHOLITOS. IMITAMOS OS RETRATOS AO ESTILO POP DUN CREADOR CHAMADO ANDY WARHOL.
 
NAS NOSAS FOTOS ÍAMOS COLOREANDO AS DIFERENTES PARTES DA CARA, UTILIZANDO DIFERENTES CORES:
 PARA LOGO DARLLE COR AO FONDO.
 
ASÍ NOS QUEDARON OS NOSOS RETRATOS:
DIGNOS DE SER EXPOSTOS NOS MÁIS IMPORTANTES MUSEOS DO MUNDO!!!

mércores, 30 de marzo de 2016

ENMA EXPERTA NO CICLO VITAL

ENMA CHEGOU CON MOITAS GANAS DE ENSINARNOS O QUE TRAÍA. 
ASÍ QUE DESPOIS DE PASAR LISTA E CAMBIAR O TEMPO, COMEZOU A SÚA EXPOSICIÓN SOBRE O CICLO VITAL:

COMO VEDES TRAÍA UN QUEBRACABEZAS MARABILLOSO FEITO POLO SEU PAI ONDE PODÍA COLOCAR COMO AS PEZAS DE NENOS E AS NENAS NO SEU CICLO VITAL.
 
TAMÉN VIMOS UN VÍDEO.
XA VEDES QUE ENMA É TODA UNHA EXPERTA NO CICLO VITAL.

Día de Rosalía

Xa vistedes o que a nosa clase fixo para conmemorar o DÍA DE ROSALÍA, pero xa no facebook do cole aparece o vídeo do que fixemos entre todos:
RECORDADE QUE XA NOS CHAMAMOS CEIP DO CAMIÑO INGLÉS.

martes, 22 de marzo de 2016

Canción infantil do abecedario

QUE VOS PARECE SE REPASAMOS AS LETRAS DO ABECEDARIO CON ESTA CANCIÓN?
SEGUIDE DESFRUTANDO DAS VACACIÓNS.

mércores, 16 de marzo de 2016

MARTA EXPERTA NO SISTEMA INMUNOLÓXICO

CHEGOU A QUENDA DE MARTA, QUE TIÑA QUE EXPLICAR O SISTEMA INMUNOLÓXICO. E ASÍ O FIXO:
COMO VEDES... QUEDAMOS SEN PALABRAS.
PARA A SÚA EXPOSICIÓN, UTILIZOU DEBUXOS FEITOS POLA SÚA NAI DE GLÓBULOS BLANCOS (linfocito t e b, e  fagocito)
 E DE VIRUS, BACTERIAS, HONGOS, CÉLULAS MALAS, VELENOS E TOXINAS:


 QUE EN PAPEL DE PEGATINA NOS REGALOU.
PARA LOGO FACER UN XOGO:
VIMOS UN VÍDEO NO QUE UN GLÓBULO BLANCO PERSEGUE A UNHA BACTERIA:
PARABENS MARTA ERES TODA UNHA EXPERTA NO SISTEMA INMUNITARIO.

martes, 15 de marzo de 2016

BINGO!!

POIS SI HOXE ESTIVEMOS XOGANDO AO BINGO. PERO NON É UN BINGO NORMAL SE NON QUE É UN BINGO ALFABÉTICO, PARA REPASAR BEN O NOME DAS LETRAS E PRACTICAR A ATENCIÓN.
 TODOS PREPARADOS? POIS COMEZAMOS...

 E POUCO A POUCO OS PRIMEIROS GAÑADORES:

 
 HOUBO PREMIOS PARA TODOS/AS OS QUE ESTIVERON ATENTOS/AS E CONSEGUIRON CUBRIR TODAS AS LETRAS.


luns, 14 de marzo de 2016

NOA I EXPERTA NO SISTEMA DÉRMICO

HOXE NOA VEU ACOMPAÑADA DA SÚA NAI, SUSANA, PARA EXPLICARNOS O SISTEMA DÉRMICO E O CABELO.
E ASÍ O FIXERON:
 
TAMEN VIMOS E TOCAMOS CABELOS DE DIFERENTES CORES:
VIMOS UNS VÍDEOS.
PARA REMATAR COMO NOS GUSTOU TANTO A CANCIÓN REPETIMOS.
E PARA QUE A ESCOITEN NA CASA:
NOA FIXÉCHELO XENIAL ERES TODA UNHA EXPERTA NO SISTEMA DÉRMICO E O CABELO.

venres, 11 de marzo de 2016

ANABEL: EXPERTA NO SISTEMA URINARIO

HOXE ANABEL CHEGOU ACOMPAÑADA DE SEUS PAIS: MANUEL E ILDE, PARA EXPLICAR O SISTEMA URINARIO.
PRIMEIRO EXPLICARON PARA QUE SERVE É ONDE ESTÁ.
E DESPOIS CON AXUDA DO SEU PAI, EXPLICÁRONNOS A IMPORTANCIA DE BEBER MOITA AUGA, E DE VIXIAR A COR DO NOSO PIS.

E ASÍ O FIXO:
 
PARA REMATAR PODEMOS VER E ESCOITAR ESTA CANCIÓN.

MOITAS GRAZAS ANABEL POR EXPLICÁRNOLO TAN BEN, ERES TODA UNHA EXPERTA NO SISTEMA URINARIO.

xoves, 10 de marzo de 2016

O OVO DE RUBÉN

AGORA XA SABEMOS QUE TIÑA O OVO QUE RUBÉN TROUXO AO COLE. O LUNS SAIU UN POUQUIÑO E AGORA XA ESTA FÓRA.
HOXE MEDIMOLO, PORQUE O IMOS DEIXAR NA AUGA XA QUE PARECE SER QUE AINDA PODE MEDRAR MÁIS.
XA VOS IREMOS CONTANDO.

IMITAMOS A MIRÓ

NOS GUSTARÍA INICIARNOS NO ARTE, E XA QUE ESTAMOS CO PROXECTO DO CORPO IMOS COMEZAR CO AUTORRETRATO.
ESTA VEZ INTENTAMOS REPRODUCIR: "AUTORRETRADO" DE JOAN MIRÓ
PARECEULLES MOI SINXELO, ELES XA SABEN DEBUXAR MOITO MELLOR.

mércores, 9 de marzo de 2016

RECORDAMOS O SISTEMA CIRCULATORIO

SE QUERES SABE COMO LATE O CORAZÓN MIRA ESTE VIDEO:

PODEMOS RECORDAR ALGUNHAS DAS COUSAS QUE DIXO DIEGO CON ESTE XOGO

NOA VILAR: EXPERTA NO SISTEMA NERVIOSO

NOA VILAR, CHEGOU HOXE MOI CONTENTA AO COLE PORQUE TIÑA QUE FALAR DO SISTEMA NERVIOSO.
 VEU ACOMPAÑADA DA SÚA NAI, VISI, QUE LLE AXUDOU NA SÚA EXPOSICIÓN.
E ASÍ O FIXERON:

ERA UN TEMA UN POUCO COMPLICADO PERO PENSO QUE ENTENDERON O MÁIS IMPORTANTE.
PODEMOS VER ESTE VÍDEO PARA RECORDAR O QUE NOS DIXO.
MOITAS GRAZAS NOA, ESTIVO MOI BEN, ERES TODA UNHA EXPERTA NO SISTEMA NERVIOSO.

martes, 8 de marzo de 2016

DIEGO: EXPERTO NO SISTEMA CIRCULATORIO

DIEGO HOXE CHEGOU Á AULA MOI CONTENTO E CON MOITAS COUSAS PORQUE LLE TOCABA A EL FALAR SOBRE O SISTEMA CIRCULATORIO.
E ASÍ O FIXO:

TROUXO UNHA PRESENTACIÓN DE POWER POINT QUE FOI EXPLICANDO MOI BEN.
DESPOIS VIMOS DOUS VIDEOS: UN QUE NOS EXPLICOU DE NOVO O QUE DIEGO DIXO E OUTRO DUNHA CANCIÓN.

PARA A SÚA EXPLICACIÓN TAMÉN USOU UN XOGO QUE FIXO O SEU PAI PARA VER SE OS NENOS/AS ESTUVERON ATENTOS:

E PARA REMATAR REGALOUNOS A TODOS/AS UNHA GOMINOLA CON FORMA DE CORAZÓN.
MOITAS GRAZAS DIEGO, ERES TODO UN EXPERTO NO SISTEMA CIRCULATORIO.

luns, 7 de marzo de 2016

BERNARDO: EXPERTO NO APARATO DIXESTIVO

BERNARDO CHEGOU Á AULA UN POCO NERVIOSO, PORQUE LLE TOCABA A EL EXPLICAR O SISTEMA DIXESTIVO.
TRAIA UN MURAL CON VELCRO PARA PODER QUITAR E POÑER OS NOMES E AS PARTES DO APARATO DIXESTIVO. E SOBRE EL EXPLICOUNOS TODO:
MIRADE QUE BEN O FIXO:
DESPOIS VIMOS VARIOS VÍDEOS PARA TER MÁIS CLARA A SÚA FUNCIÓN:

VIMOS TAMÉN UN XOGO, NO QUE TODOS PARTICIPARON DICINDO POR ONDE TIÑA QUE IR O ALIMENTO.
COMO NUN DOS VÍDEOS NOS DICÍA QUE O INTESTINO MEDÍA 8 METROS E MEDIO CORTAMOS UN TROZO DE LÁ CON ESA MEDIDA. E NON NOS COLLÍA NA AULA!!! TIVEMOS QUE SAÍR AO CORREDOR PARA PODER ESTIRALA E VER O LARGO QUE PODÍA SER O NOSO INTESTINO.


ESTIVO XENIAL, MOITAS GRAZAS BERNARDO, ERES TODO UN EXPERTO NO APARATO DIXESTIVO.