Y, X,R, LL E REPASAMOS
Blog-diario da aula de 4 anos do CEIP do Camiño Inglés, Sigüeiro, Oroso, A Coruña.
venres, 31 de marzo de 2017
xoves, 30 de marzo de 2017
INVESTIGACIÓN SOBRE O CAMIÑO INGLÉS
HOXE REMATABA O PRAZO PARA PRESENTAR A NOSA INVESTIGACIÓN SOBRE O CAMIÑO INGLÉS.
TRABALLAMOS ARREO. O PRIMEIRO QUE FIXEMOS FOI DESEÑAR A ENQUISA, PARA PODER LEVALA PARA CASA E FACERLLA A COÑECIDOS.
UNHA VEZ FEITAS COMEZOU OUTRO TIPO DE TRABALLO:
CLASIFICAR
CONTAR
SUMAR
REXISTRAR
ESCRIBIR
TOMAR DECISIÓNS
E SOBRETODO
GOZAR.
DESTE XEITO UTILIZAMOS OS PROCEDEMENTOS EN CONTEXTOS REAIS. E OBTIMOS UN PRODUTO... NUNS DÍAS VEREMOS O RESULTADO.
PERO O QUE TEMOS CLARO É:
O IMPORTANTE É PARTICIPAR
mércores, 29 de marzo de 2017
O NOSO HORTO (II)
ESTA VEZ IMOS PREPARAR A TERRA, RECORDAMOS AS PROPORCIÓNS DÚAS PARTES DE SUSTRADO E UNHA DE ABONO, POÑEMOS AS LUVAS E Á FAENA:
AINDA TEMOS QUE ENCHER OS OUTROS CAIXÓNS, PERO NON PODEMOS AGARDAR MÁIS E A MESA AZUL TRASPLANTA AS LEITUGAS:
AINDA TEMOS QUE ENCHER OS OUTROS CAIXÓNS, PERO NON PODEMOS AGARDAR MÁIS E A MESA AZUL TRASPLANTA AS LEITUGAS:
martes, 28 de marzo de 2017
O NOSO HORTO
CON TANTAS ACTIVIDADES NON DAMOS FEITO, E DESPOIS DE ESPERAR A QUE DEIXARA DE CHOVER, POR FIN PODEMOS SAÍR A ENCHER DE TERRA O NOSO PEQUENO HORTO.
BUSCAMOS QUE HORTO É O NOSO, PORQUE SÓ IMOS PODER TRABALLAR NEL, TEN UN NÚMERO 6 E DÚAS LETRAS: E.I. UNHA VEZ ATOPADO, O PRIMEIRO É COLOCAR CORTEZA DE PINO PARA QUE DRENE E NON SE PUDRAN AS RAÍCES.
POÑÉMONOS MANS Á MASA:
luns, 27 de marzo de 2017
xoves, 23 de marzo de 2017
CHARLA DA GARDA CIVIL-SEPRONA
DENTRO DO PROGRAMA VOZ NATURA, ESTABA ORGANIZADA ESTA CHARLA ONDE NOS EXPLICARON A IMPORTANCIA DE COIDAR O MEDIO NATURAL QUE NOS RODEA, INCLUIDOS OS ANIMAIS.
MOI ATENTOS E CON MOITAS GANAS DE APRENDER, ESCOITAMOS A IMPORTANCIA DE MANTER O CONTORNO E OS ANIMAIS DOMÉSTICOS LIMPOS E COIDADOS.
A GARDA CIVIL E SEPRONA VIXÍAN QUE AS PERSOAS CON ANIMAIS CUMPRAN COAS SÚAS OBRIGAS.
COMPROMETÍMONOS A COIDAR O MEDIO AMBIENTE E AOS ANIMAIS, DENTRO DAS NOSAS POSIBILIDADES.
martes, 21 de marzo de 2017
PELUSA EN ASIA VISITA CHINA (II)
SE RECORDADES TEMOS A PELUSA DE VIAXE POR CHINA, DESPOIS DE CHEGAR A SÚA CARTA CON MOITA INFORMACIÓN SOBRE ESE PAÍS, NOS PUXEMOS A INVESTIGAR.
E O QUE MÁIS NOS INTERESAN SON OS XOGOS, ESTA VEZ COMEZAMOS POLO:
TANGRAM
UN XOGO CHINO MOI ANTIGO, QUE CONSISTE EN FORMAR SILUETAS DE FIGURAS COAS SETE PEZAS SEN SOBREPOÑELAS.
luns, 20 de marzo de 2017
HOXE O CONTACONTOS É SARA
SARA CONTA "BLANCANIEVES"
UN CONTO CLÁSICO ESCRITO POLOS IRMÁNS GRIMM.
PARABENS SARA, SABÍALO MOI BEN!!
domingo, 19 de marzo de 2017
venres, 17 de marzo de 2017
SEMANA DA PRENSA 2017
XA ESTÁ EDITADO O NOSO SEGUNDO NÚMERO DE PEGADAS NO CAMIÑO. SE FACEDES CLICK NA IMAXE PODEREDES LELO:
luns, 13 de marzo de 2017
venres, 10 de marzo de 2017
SEMANA DA PRENSA
DURANTE ESTA SEMANA, A SEMANA DA PRENSA, ESTIVEMOS ESCRIBINDO UNHA NOTICIA SOBRE A ROBÓTICA.
PRONTO O PODEREMOS VER NUN SEGUNDO NÚMERO DO NOSO XORNAL "PEGADAS DO CARBOEIRO".
E ADEMAIS O NOSO COLE SAÍU NA PRENSA.
mércores, 8 de marzo de 2017
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
SE RECORDADES AS ACTIVIDADES PREVISTAS PARA RECORDAR O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER COMEZOU CA VISITA DE GUADI GALEGO.
O CONCELLO DE OROSO TIÑA ORGANIZADA UNHA ACTIVIDADE POLO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER: UN ESPECTÁCULO MONICREQUES DA COMPAÑÍA BABALUVA:
"TITA"
E DE VOLTA NO NOSO CENTRO FIXEMOS UN PARO SIMBÓLICO ÁS 12:30.
MENTRES QUE ESCOITAMOS"MATRIARCAS".
luns, 6 de marzo de 2017
HOXE O CONTACONTOS É NICOLÁS
NICOLÁS CONTA "EL LIBRO DE LA SELVA"
ESCRITO POR RUDYARD KIPLING
NORABOA NICO, FIXECHELO XENIAL!
HOXE NON TIVEMOS TEMPO, PERO MAÑÁ VEREMOS O DVD.
HOXE NON TIVEMOS TEMPO, PERO MAÑÁ VEREMOS O DVD.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)