DESPOIS DE TANTO AGARDAR CHEGOU O DÍA DE IR A SANTIAGO CUNHA DOBRE PROGRAMACIÓN.
PRIMEIRO VISITAR A EXPOSICIÓN: "FRANCISCO LEIRO, OS TRABALLOS E OS DÍAS" NO CENTRO ABANCA OBRA SOCIAL, ONDE NOS ESPERABA VANESA PARA VER A EXPOSICIÓN E EXPLICARNOS UNHA CHEA DE COUSAS SOBRE AS SÚAS ESCULTURAS:
ENORMES E IMPRESIONANTES, ESTIVERON MOI CALADOS E ATENTOS, PREPARADOS PARA APRENDER MOÍTISIMO,
REMATADA A VISITA SUBIMOS PARA FACER UN OBRADOIRO ONDE NOS CONVERTEMOS EN ARTISTAS E PREPARAMOS UNS CADROS FEITOS COAS FOLLAS DAS ÁRBORES QUE FRANCISCO LEIRO UTILIZABA PARA AS SÚAS ESCULTURAS.
Á SAÍDA PASAMOS POLA PRAZA DA QUINTANA, O LUGAR AXEITADO PARA SENTAR E TOMAR A MERENDA TÍPICA DAS SAÍDAS.
REMATAMOS XUSTO A TEMPO, PORQUE COMEZARON A CAER UNHAS GOTIÑAS. ASÍ QUE RECOLLEMOS E FOMOS CARA Á GALERIA SARGADELOS, PARA PARTICIPAR NA XVI CAMPAÑA MUNICIPAL DE ANIMACIÓN Á LECTURA DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA: "CONTOS PARA DESPOIS DA CHUVIA", ONDE NOS ESTABA AGARDANDO PATRI.
CONVIDOUNOS A SUBIR AS ESCALEIRAS AMODIÑO E EN SILENZO, ESCOITANDO UNHA MÚSICA QUE PARECÍA SAÍR DO PISO DE ARRIBA, ANIMÁNDONOS A FIXARNOS NOS PÉS QUE HABÍA POLAS PAREDES.
XA NO PISO DE ARRIBA ATOPÁMONOS CON ÁLEX O CAUSANTE DESA MÚSICA.
XA SENTADIÑOS, ESCOITAMOS A PATRI CONTAR "DESPOIS DA CHUVIA" E A ALEX POÑERLLE MÚSICA, E ALGUNHA QUE OUTRA VOZ.
A CONTINUACIÓN ESCOITAMOS "A QUE SABE A LÚA", QUE A PESAR DE QUE XA O COÑECÍAMOS MOI BEN, TIVO ALGUNHA SORPRESA.
DESPOIS SEGUINDO A ALEX O O SEU ACORDEÓN ATRAVESAMOS A CHUVIA ATA CHEGAR A O ESTUDIO DE PINTURA DE XOSÉ COBAS, UN GRAN ILUSTRADOR.
ALÍ NOS CONTOU "O ARTISTA QUE PINTOU UN CABALO AZUL", ESTA VEZ TIVEMOS QUE AXUDAR COA NOSA VOZ, CANTANDO.
E PARA REMATAR FOMOS A UNHA SALA ESPECIAL ONDE NOS AGARDABA UNHA BALEA QUE TIÑA ALGUNHA QUE OUTRA SORPRESA.
SE QUERES VER MÁIS FOTOS DA XORNADA FAI CLIC AQUÍ.