luns, 26 de xuño de 2017

Facemos psicomotricidade con Álvaro

DURANTE TODO O CURSO, ÁLVARO FOI O MESTRE DE PSICOMOTRICIDADE. NESTE PEQUENO VÍDEO VEMOS MOITAS DAS ACTIVIDADES ORGANIZADAS:

sábado, 24 de xuño de 2017

Can´t stop this feeling en CEIP do Camiño Inglés

AO LONGO DESTE CURSO ESTIVEMOS BAILANDO, CANTANDO E PASANDOO MOI BEN CON ESTA CANCIÓN.
AGARDO QUE VOS GUSTE TANTO COMA A NÓS.

XERACIÓN 2011

SODES E SEREDES ESPECIAIS.
XA SODES ALUMNOS/AS DE PRIMARIA!!


AS FOTOS DO CURSO 2016/17 DESTE VÍDEO PODEDES ATOPALAS NO SEGUINTE ENCLACE:

xoves, 22 de xuño de 2017

EXCURSIÓN-CONVIVENCIA EN XANCEDA 2017

NADA MÁIS ENTRAR NA AULA, ALÍ ESTABA PELUSA.
CANTAS GANAS TIÑAMOS QUE QUE VOLTARA!!!
ASÍ QUE TAMÉN VEU CON NÓS DE EXCURSIÓN.

AO CHEGAR UN POUCO DE FRÍO, PERO XOGANDO XA O AFASTAMOS.

 ÍMOS Á PISCINA! BEEEENNN!


 DESPOIS DO BAÑO, XOGAMOS NO PARQUE.

 CON FAME AGARDAMOS A PIZZA E O XEADO:


 ESTE ANO TAMÉN O PASAMOS MOI BEN. REPETIREMOS?


Acto de Graduación

A nai de Nico, Lucía, pasoume moitas fotos que poderedes atopar no seguinte enlace:

No seguinte enlace poderedes acceder a outras fotos:
(PARA ACCEDER AOS ENLACES FADEDE CLICK NAS IMAXES)

mércores, 21 de xuño de 2017

II Certame Investigación Camiño Inglés

OUTRO DÍA CHEO DE ACTIVIDADES, ASÍ QUE SIN PERDER TEMPO, NADA MÁIS CHEGAR XA SAÍMOS. E NON ÍA SER A ÚNICA VEZ.
CO CHEQUE GAÑADO NO CERTAME MERCAMOS UN ESTUCHE PARA LEVAR PARA PRIMARIA.

DÍA DA BICI

O CURSO ESTÁ A PIQUES DE REMATAR, PERO NON SEN ANTES CELEBRAR O DÍA DA BICICLETA:

 

CADA NENO/A VEU AO COLE COA SÚA BICI E FIXEMOS UN PERCORRIDO URBÁN ATA CHEGAR AO CENTRO CULTURAL FERNANDO DE CASAS E NOVOA, PARA VER A PELÍCULA QUE ESTIVERON FACENDO O ALUMNADO DE 5º: "AS RAÍCES DOS SALGUEIRO"

AO REMATAR, VÓLTA AO COLE:

DESPEDIDA NOCTURNA

CHEGOU O DÍA QUE TODOS ESPERABAMOS:
O DÍA QUE IMOS DURMIR NO COLE!!!
E FOI MARABILLOSO.
PERO COMECEMOS POLO PRINCIPIO....
QUEDAMOS NA "PECERA DE MAPI", ALÍ ESTABAN TODOS/AS AGARDANDO A QUE EU CHEGARA, CUNHA GRANDÍSIMA SORPRESA. DESPOIS DE REPOÑERME DA EMOCIÓN, OS PAIS E NAIS MARCHARON E DESPEDÍMONOS ATA O DÍA SEGUINTE.
EMPEZARON OS XOGOS:


 ARREDOR DAS 21:30 CEAMOS: PIZZA E SÁNDWICHS.
AÍNDA ERA DÍA, E SEN PROBLEMA FIXEMOS O CAMIÑO AO COLE A PÉ, POLA BEIRARRÚA E RECORDANDO TODAS AS NORMAS DE SEGURIDADE. 
AO CHEGAR Á AULA, QUE QUIXO TOMOU LEITE QUENTE/FRÍA/CON COLACAO/OU SEN EL.
 LAVAR DENTES, POÑER O PIXAMA E PREPARAR OS SACOS DE DURMIR.
 MOITAS RISAS, CONFIDENCIAS, BICOS, APERTAS,... UNHA PELI E A DURMIR...
A NOITE TRANSCORREU SEN NINGÚN PROBLEMA. POLA MAÑÁ OS QUE FORON ESPERTANDO, VESTÍANSE, LAVABAN A CARA E PREPARÁBANSE PARA ALMORZAR.

HABÍA QUE REPOÑER FORZAS, AÍNDA NOS QUEDA UN DÍA LONGO.
UNHA EXPERIENCIA ÚNICA QUE MOITOS REPETIRÍAN AO DÍA SEGUINTE.

martes, 20 de xuño de 2017

PRIMEIROS AUXILIOS

O DÍA DE HOXE FOI MOI ESPECIAL, POLO QUE NON TIVEMOS NADA QUE TRABALLAR.
DESPOIS DO RECREO ACHEGÁRONSE AO CENTRO DENDE PROTECCIÓN CIVIL DE OROSO PARA AMOSAR ALGUNHAS TÉCNICAS A TER EN CONTASE PASA ALGO.
O MÁIS IMPORTANTE AVISAR A UN ADULTO E CHAMAR AO 112.

luns, 19 de xuño de 2017

ANIVERSARIOS DO VERÁN

COMO EN CADA FINAL DE CURSO, CELEBRAMOS UNHA PEQUENA FESTA ADIANTANDO A CELEBRACIÓN DOS COMPAÑEIROS QUE CUMPREN ANOS NO VERÁN. POLO QUE HOXE ESCOLLEN COROA: ANDER, LARISA, RUBÉN, DANIELA E ALBA.


 COA COROA POSTA FORON UN A UN POÑENDO A FOTO NO CARTEL DOS 6 ANOS:
 
 
 

 E XA DIANTE DA ROSCA SOPRARON O NÚMERO 6  DESPOIS DE QUE OS SEUS COMPAÑEIROS CANTARAN AS CANCIÓNS DE ANIVERSARIOS.
ANDER, LARISA, RUBÉN, DANIELA E ALBA, Á VOLTA DAS VACACIÓNS TEREDES 6 ANOS, E XA SEREDE ALUMNOS DE PRIMARIA.
PARABENS!!

SEGURO QUE ANTES QUEREDES VER COMO MEDRACHEDES NESTES 3 CURSOS: