venres, 28 de novembro de 2014

PELUSA VAI DE VISITA CON... DANIELA

HOXE PELUSA TIÑA PREPARADA OUTRA SORPRESA MÁIS:
DESPOIS DUNHA LONGA ESPERA CHEGOU O DÍA, O DÍA NO QUE PELUSA VAI A VISITAR UNHA DAS NOSAS FAMILIAS. FALAMOS MOITO SOBRE ESTE DÍA PORQUE NON TODOS PODEMOS LEVAR A PELUSA HOXE, PERO SI QUE TODOS/AS VAN A PODER TELA NA CASA UN DÍA OU OUTRO. NON QUERÍAMOS QUE HOUBESE NINGÚN DISGUSTO.
É A AFORTUNADA FOI...
DANIELA
XA ESTA OS DESEXANDO QUE CHEGUE O LUNS PARA QUE NOS CONTE QUE TAL O PASOU.

MACEDONIA DO OUTONO

XA REMATAMOS UNHA DAS PEQUENAS ACTIVIDADES IMPRESAS QUE ESTIVEMOS A REALIZAR SOBRE AS FROITAS É FROITOS DO OUTONO.
PEDÍDELLE AOS NENOS/AS QUE VOS CONTEN COMO O FIXERON É QUE VOLA CANTEN.

xoves, 27 de novembro de 2014

NOVAS APORTACIÓNS

ESTA SEMANA AS FAMILIAS TROUXERON AO COLE NOVAS APORTACIÓN ENTRE AS QUE HAI:
- MÁIS BONECOS É PELUCHES



- XOGOS

- GORRO CON FORMA DE CABEZA DE RA
CON TODO ISTO TE OS UNHA EXPOSICIÓN MARABILLOSA.

domingo, 23 de novembro de 2014

APORTACIÓN DAS FAMILIAS (2)

AO LONGO DESTA SEMANA, TODOS OS NENOS/AS E AS SÚAS FAMILIAS TROUXERON MOITAS MÁIS ACHEGAS PARA SEGUIR ANALIZANDO E INVESTIGANDO:
- RAS FEITAS COA TÉCNICA PAPEROFLEXIA:
- UN CONTO CUNHA PROTAGONISTA QUE SE CHAMA COMA A NOSA RA "PELUSA, LA RANA SABIA"
 - UNHA MEMORIA USB CHEA DE VIDEOS DE CANCIÓNS E CONTOS DE RAS:
 - UNS AMIGUITOS PARA PELUSA:


- UNHA MANTA E UNHA AMIGUITA PARA PELUSA:
- UN CONTO CUNHA CANCIÓN DE RAS E CON XILÓFONO:
 - FOTOS DE RAS E ADIVIÑAS, REFRÁNS,...:
- UN MURAL CON EXPLICACIÓNS SOBRE RAS, E ONDE APARECE A RA MÁIS PEQUENA E A MÁIS GRANDE:
 - UN LIBRO DE GLORIA FUERTES ONDE HAI UNHA POESÍA SOBRE RAS:
 - CONTOS SOBRE RAS:

 - UN LIBRO ONDE NOS EXPLICA COMO SON AS RAS POR DENTRO:
 - ENLACES A CONTOS E VIDEOS SOBRE RAS:

 AGORA IMOS A ANALIZAR TODA ESTA INFORMACIÓN ORGANIZALA PARA APRENDER MOITAS COUSAS SOBRE AS RAS.
QUEDA MOITO TRABALLO POR FACER.
GRACIAS POLA VOSA AXUDA.

AULA DE INFORMÁTICA

NESTA SEMANA COMEZAREMOS A ASISTIR A AULA DE INFORMÁTICA.
NON IREMOS TODOS XUNTOS, IREMOS EN 2 GRUPOS E XOGAREMOS CON ALGÚNS DESTES XOGOS. A VER COMO VAI O MANEXO DO RATO...




mércores, 19 de novembro de 2014

FROITOS E FROITAS DO OUTONO

NA CLASE ESTAMOS CANTANDO "MACEDONIA DO OUTONO" ONDE APARECEN MOITAS FROITOS E FROITAS DO OUTONO.
E HOXE PUIDEMOS VELAS, TOCALAS E ULILAS.
PRIMEIRO PARTÍMOLAS PARA VER COMA ERAN POR DENTRO.
E DESPOIS TIVEMOS TEMPO PARA TOCALAS E SENTIR O DURAS QUE SON AS AVELÁS E AS AMENDOAS:
PREPAREI PLATOS COA FRUTA EN ANACOS PEQUENOS PARA PODER DEGUSTAR:
DESPOIS XA NA MESA CADA UN ESCOLLEU O QUE QUERÍA PROBAR E COMER:
ALGÚNS ARRISCARON E PROBARON FROITAS DIFERENTES, E OUTROS ESCOLLÍAN O QUE SABÍAN QUE LLES GUSTABA. PERO XA VEDES COMO ÍAN QUEDANDO OS PRATOS...

ASÍ TAMÉN SE APRENDE, MOITOS NON COÑECÍAN A GRANADA, NEN OS FIGOS CHUMBOS, NEN O MARMELO.... E FAISE DUN XEITO MÁIS DIVERTIDO.

MOITAS GRACIAS A FAMILIA DE DANIELA E DE ANTÍA POR ATOPAR O MARMELO E OS FIGOS CHUMBOS.

ANIVERSARIO DE BERNARDO

HOXE CELEBRAMOS O ANIVERSARIO DE BERNARDO, XA TEN 3 ANOS.
COMA SEMPRE ESCOLLEU A SÚA COROA, ADORNAMOLA UN POUCO E A PREPARAR A TARTA.
BERNARDO ESTABA MOI CONTENTO ESCOITANDO COMO OS SEUS COMPAÑEIROS/AS LLE CANTABAN "FELIZ CUMPLEAÑOS".
APAGOU A CANDEA VARIAS VECES. E NOS PUXEMOS TODOS XUNTOS PARA FACER A FOTO DE GRUPO, ESTA VEZ PELUSA TAMÉN QUIXO ESTAR.
A TARTA ESTABA RIQUÍSIMA, FOI TODO UN ÉXITO.
PARABENS BERNARDO, XA TES 3 ANOS!!!

martes, 18 de novembro de 2014

XOGAMOS COS "PINCHOS"...

A FACER A VOGAL "A".
ESTA VEZ CON AXUDA DUNHA PLANTILLA, E AINDA QUE HOUBO ALGUNHAS DIFICULTADES AO REMATAR TODOS TIÑAN A SÚA A BEN FEITA.