martes, 31 de xaneiro de 2017

HOXE O CONTACONTOS É PABLO

PABLO CONTA "MAMÁ, LLÉVAME CONTIGO POR FAVOR"
ESCRITO POR JANE CABRERA.
 

XENIAL, CONTÁCHELO MOI BEN!!

luns, 30 de xaneiro de 2017

Xuntos cantamos pola PAZ

CON MOTIVO DO DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ,NOS XUNTAMOS TODOS NA ENTRADA DESPOIS DO RECREO PARA CANTAR XUNTOS POLA PAZ.



APROVEITAMOS PARA COLOCAR, DIANTE DE TODOS/AS, A NOSA PRIMEIRA FOLLA VERDE NA ÁRBORE DO RECANTO DA ECOTROPA:
OS NENOS/AS DE 3 ANOS MÁIS OS DE SEXTO DE PRIMARIA, FIXERON UNHA CADEA PARA ENTREGAR  OS ARTIGOS DE PRIMEIRA NECESIDADE RECOLLIDOS NO CENTRO, AOS RESPONSABLES DO CONCELLO PARA QUE POIDAN REPARTILOS ENTRE OS QUE OS PRECISEN.
UNS PEQUEÑOS ACTOS QUE NOS FAN ENTENDER A NECESIDADE DE COMPARTIR.

xoves, 26 de xaneiro de 2017

PELUSA EN OCEANÍA VISITA NOVA ZELANDIA

RECIBIMOS A CARTA NA QUE PELUSA NOS FALA DE NOVA ZELANDIA:

 NELA AMÓSANOS IMAXES DE NOVA ZELANDIA:
 





NÓS XA ESTIVERAMOS INVESTIGANDO ALGUNHAS TRADICIÓNS NEOZELANDESAS, COMA É A HAKA (DANZA TRIBAL MAORÍ QUE SOE UTILIZARSE COMA DANZA DE BENVIDA E É SIGNO DE HOSPITALIDADE, PERO TAMÉN COMA TÉCNICA DE INTIMIDACIÓN ANTES DA LOITA).

E ASÍ NOS PINTAMOS E INTENTAMOS BAILAR:
 


TAMÉN ATOPAMOS UNHA CANCIÓN TRADICIONAL: "TUTIRA MAI" 
Tahi rua toru wha                                    1, 2, 3, 4
Tutira mai nga iwi                                   Estamos de pé en filas
Tatou tatou e (bis)                                  Todos nós (bis)
Whaia te maramatanga                           Busca o coñecemento
Me te aroha e nga iwi                             e a fraternidade entre todas as persoas
Kia ka tapatahi                                      Pensamos coma un só
Kia kotahi ra                                         Actuamos coma un só
Tatou tatou e                                         Todos nós
Tatou taou e                                          Todos nós
Hi aue hei                                              Hi aue hei!

INTENTARÉMOLA CANTAR E BAILAR, XA ENSINAREMOS O RESULTADO.

luns, 23 de xaneiro de 2017

HOXE O CONTACONTOS É RUBÉN

RUBÉN CONTA "LOS 7 CABRITILLOS Y EL LOBO"
ESCRITO POR CHARLES PERRAULT
  

ESTIVO XENIAL, UN CONTOS CUNHAS ILUSTRACIÓNS MOI INTERESANTES.

A RA CURIOSA: UN VOLCÁN

PARA O EXPERIMENTO PRECISAMOS:
BICARBONATO (UTILIZAMOS O BONECO DE NEVE ARTIFICIAL FEITO CON BICARBONATO E ESPUMA DE AFEITAR), UN RECIPIENTE E VINAGRE.
PASOS:
MELLOR VER O QUE SUCEDEU E COMA REACCIONARON:
ISTO OCURRE PORQUE SE PRODUCE UNHA REACCIÓN QUÍMICA: ENTRE O VINAGRE E O BICARBONATO QUE FAI QUE SE LIBEREN GASES.

venres, 20 de xaneiro de 2017

MOITO FRÍO

HOXE ACADOUSE UN FITO, POIS NUNCA CHEGAMOS A UNHA TEMPERATURA TAN BAIXA:
-6.5 GRADOS
ESTA SEMANA FIXO MOITO FRÍO PERO NON TANTO. ASÍ QUE PODÍA SER O DÍA PERFECTO PARA PROBAR SE NO EXTERIOR FAI TANTO FRÍO COMA NUN CONXELADOR.
DESPOIS DE VARIOS INTENTOS CONSEGUIMOS COLOCAR POMPAS DE XABRÓN NUN PRATO:
DESPOIS DE 20 MINUTOS APARECEU ASÍ:
CONXELADA

mércores, 18 de xaneiro de 2017

Can de Palleiro. Exposición fotos

O centro cultural do Consello de Oroso acolle unha exposición de fotografía de Can de Palleiro.
E organizou para os coles de Oroso un obradoiro sobre esta raza autóctona.



Hoxe fomos visitar a exposición e escoitar a Patricia do Club raza can de Palleiro, que nos falou sobre os coidados que debe ter un can, e en que nos debemos fixar para escoller un can para a nosa casa.
Despois Yago máis a súa cadela, Loira, nos ensinaron o que un can ben adestrado pode facer. Quedamos abraiados do ben que se porta Loira, como camiña sempre polo lado esquerdo, como para e senta cando Yago para, e incluso como SUMA!!!, os números que lle dixo Hugo e Sara Robul, tamén buscou a Borja que estaba escondido ulindo o seu gorro, e deulle a pata a Iris.

Marchamos moi contentos coa nosa chapa do Can de Palleiro e unha folliña con información de esta raza tan nosa.



martes, 17 de xaneiro de 2017

HOXE O CONTACONTOS É DIEGO

DIEGO CONTA "?"
ESCRITO POR DIEGO SÁNCHEZ


FIXÉCHELO MOI MOI BEN!
UNHA HISTORIA MOI ORIXINAL INVENTADA POR DIEGO, NO QUE OS PROTAGONISTAS SOMOS NÓS. E COMA NON ERA XA BASTANTE REGALOUNOS A CADA UN UNHA RA:

MOITÍSIMAS GRAZAS.

luns, 16 de xaneiro de 2017

HOXE O CONTACONTOS É HUGO

HUGO CONTA "CARACOL TORNASOL"
ESCRITO POR ANTOON KRINGS

FIXÉCHELO MOI BEN!

A RA CURIOSA: NON GOTEA

COMEZAMOS UN ANO NOVO E RETOMAMOS UNHA ACTIVIDADE QUE NOS GUSTA MOITO:
OS EXPERIMENTOS
PARA O DE HOXE PRECISAMOS:
PASOS:
 PROBAMOS;


A BOLSA ESTÁ FORMADA POR MOLÉCULAS ELÁSTICAS QUE AO CRAVARLLE O LAPIS FAN QUE O "APERTEN" E NON DEIXAN QUE A AUGA ESCAPE.