sábado, 29 de abril de 2017

DÍA INTERNACIONAL DA DANZA 2017

COMO SABEDES, PELUSA XA ESTÁ EN ÁFRICA, UN CONTINENTE NO QUE A DANZA É A MÚSICA É INSEPARABLE.
IMAXINADES A PELUSA BAILANDO ALGUNHA DELAS?

xoves, 27 de abril de 2017

PELUSA EN ÁFRICA (II)

PELUSA ENVÍOUNOS UN PAQUETIÑO, PRIMEIRO NON SABÍAMOS O QUE ERA, SÓ NOTABAMOS QUE ERA ALGO BLANDIÑO.
AO ABRILO VIMOS QUE ERA UN LIBRO E UNHA CARTA DE PELUSA, NELA NOS CONTABA QUE ESTABA EN EXIPTO, E QUE ALÍ ATOPOU A UN LOBO CHAMADO LUPO QUE TAMÉN ESTÁ DE VIAXE POLOS CONTINENTES. 
PELUSA TAMÉN NOS ESCRIBIU QUE ÍA IR A TANZANIA E QUE XA NOS CONTARÍA COUSAS DESTE PAÍS.

O horto: Antes e Despois

ASÍ COMEZAMOS ESTE CURSO NO MES DE FEBREIRO SÓ TIÑAMOS AS MADEIRAS DO PEQUENO HORTO URBÁN:
E ASÍ ESTÁ AGORA
SE O TEMPO ACOMPAÑA, TEREMOS AMORODOS E TOMATES, PORQUE XA TEMOS AS PRIMEIRAS FLORES:




mércores, 26 de abril de 2017

MINDFULNESS

HOXE TIVEMOS A TERCEIRA SESIÓN DE RELAXACIÓN NA CLASE, BASEADA NO "MINDFULNESS". NESTA OCASIÓN TRATAMOS DE PRESTAR ATENCIÓN Á NOSA RESPIRACIÓN.
E ASÍ DE QUEDOS E CONCENTRADOS ESTABAMOS:


DÍA DO LIBRO: QUEDADA LITERARIA

COMEZAMOS ESCOLLENDO OS ÁLBUMES ILUSTRADOS QUE CADA NENO ESCOITARÁ O DÍA 4 DE MAIO NA QUEDADA LITERARIA QUE FAREMOS NO CARBOEIRO COS OUTROS CENTROS DE SIGÜEIRO: O CEIP DE SIGÜEIRO E O CRA DE OROSO.


martes, 25 de abril de 2017

domingo, 23 de abril de 2017

DÍA DO LIBRO

AS ACTIVIDADES ORGANIZADAS NO COLE, NON COINCIDEN CON ESTA DATA, FARÉMOLAS PARA A VINDEIRA SEMANA.
PERO NESTA DATA TAN ESPECIAL, GUSTARÍAME RECORDAR OS ÁLBUMES ILUSTRADOS PREFERIDOS DOS NOSOS NENOS:
 



 




mércores, 19 de abril de 2017

PELUSA EN ÁFRICA

DESPOIS DE TANTO TEMPO SEN TER NOVAS DE PELUSA, POR FIN ENVÍOU UN CORREO ELECTRÓNICO NO QUE NOS EXPLICABA QUE XA ESTABA EN ÁFRICA. 

CONCRETAMENTE EN EXIPTO, PERO QUE NON VAI QUEDAR AHÍ...
ATA ONDE CHEGARÁ?

PELUSA EN ASIA VISITA CHINA (V)

ESTA VEZ TRATAMOS DE PARECERNOS UN POUCO AOS ASIÁTICOS, EN CONCRETO AOS CHINOS/AS, PINTANTO UNHA RAIA AO FINAL DOS OLLOS PARA FACELOS ALGO MÁIS LONGOS.

E TAMÉN TRATAMOS DE BAILAR A SÚA MÚSICA TRADICIONAL.
FOI MOI DIVERTIDO INTENTALO.
TAMÉN DIEGO NOS ENSINOU UN XOGO NOVO: O PULSO CHINO QUE NOS AMOSOU CON AXUDA DE NICO.

O NOSO HORTO (IV)

Á VOLTA DESTAS VACACIÓNS AGARDÁBANOS UNHA SORPRESA:
A PLANTA DAS FABAS TILA UNHA CASULA OU VAÍÑA, E POR CERTO BEN GRANDE.
TAMÉN ATOPAMOS O HORTO EN MOI BOAS CONDICIÓNS DESPOIS DUNHA SEMANA SANTA CON MOI BO TEMPO, GRAZAS A FERNANDO QUE O ESTIVO REGANDO NA NOSA AUSENCIA.

APROVEITANDO QUE SEGUEMOS EN LÚA MINGUANTE TRANSPLANTAMOS A FABA, FRESAS E LEITUGAS:

(MÁIS FOTOS DO DÍA AQUÍ)

venres, 7 de abril de 2017

SEMANA SOLIDARIA DO TEATRO (II)

NO CANAL DE YOU TUBE DO NOSO CENTRO PODES ATOPAR TODAS AS OBRAS DE TEATR (AQUÍ).
DESTA SEMANA DESTACAMOS:
- OS GRANDES ARTISTAS QUE TEMOS NO CENTRO
- O RESPECTO POLO TRABALLO DOS DEMAIS
- A IMPORTANCIA DO TRABALLO EN EQUIPO
- O VALOR DA SOLIDARIEDADE
- ...
GOZAMOS DE 10 OBRAS DE TEATRO MARABILLOSAS:


CADA DÍA NOS AGARDABA UNHA GRAN SORPRESA:
O ESFORZO DOS NOSOS COMPAÑEIROS/AS


 PARA REMATAR ENTREGAMOS TODO O RECAUDADO Á ASOCIACIÓN SAHEBBI:

MOITÍSIMAS GRAZAS A TODOS POR PARTICIPAR!


xoves, 6 de abril de 2017

PELUSA EN ASIA VISITA CHINA (IV)

XA SÓ NOS QUEDA O DERRADEIRO OBXECTO QUE ENVIOU PELUSA POR EXPLORAR: OS "PALILLOS CHINESES".
ASÍ QUE POLA MAÑÁ CEDIÑO PREPAREI UN POUCO DE ARROZ (COMIDA TÍPICA DE CHINA, QUE ACOMPAÑA TODAS AS COMIDAS) E INTENTAMOS COMELO COS PALILLOS.

PELUSA EN ASIA VISITA CHINA (III)

ADEMÁIS DO TANGRAM, PELUSA TAMÉN NOS ENVÍOU O XOGO DO MIKADO.
UN XOGO ANCESTRAL CHINO QUE PON EN XOGO A NOSA DESTREZA E HABILIDADE EN CONTROLAR O MOVEMENTO DA MAN E A COORDINACIÓN OLLO-MAN.

CONSTA DUN CONXUNTO DE PAUS FINOS PINTADOS CON BANDAS DE DISTINTAS CORES, EN FUNCIÓN DAS CORES CADA PAU TEN UN VALOR. POR QUENDAS, VAISE COLLENDO UN E ANOTANDO OS PUNTOS, GAÑA O QUE TEN MÁIS PUNTOS.
E UNHA VEZ ENTENDIDAS AS NORMAS COMEZAMOS A XOGAR:


 E POR SUPOSTO TAMÉN ANOTAMOS E SUMAMOS:
PARA REMATAR TIVEMOS QUE ORDENAR AS PUNTUACIÓNS DE CADA NENO/A PARA SABER CAL ERA O GAÑADOR OU GAÑADORA:
E A GAÑADORA FOI NEREA, SEGUIDA DE ANTÍA.

mércores, 5 de abril de 2017

O NOSO HORTO (III)

DESPOIS DE ENCHER OS DEMAIS CAIXÓNS UNHA PARTE DA MESA VERDE, TRANSPLANTA A PATACA:
E A MESA VERMELLA TRANSPLANTA TOMATES, PEMENTOS E CHÍCHAROS:


 
Á VOLTA DA SEMANA SANTA, VALORAREMOS COMO ESTÁN E TRANSPLANTAREMOS O QUE FALTA (CENOIRAS, CEBOLAS, FRESAS,...)