ESTE CURSO IMOS COLLER LIBROS DA BIBLIOTECA PARA LEVAR PARA CASA. E HOXE POR SER O PRIMEIRO DÍA ACUDIMOS A UNHA SESIÓN DE:
FORMACIÓN DE USUARIOS.
A PROFE MARÍA FOI A ENCARGADA DE AMOSARNOS COMO SE UTILIZA E COMO DEBEMOS ESTAR NA BIBLIOTECA. TAMÉN NOS DEIXOU CLARO QUE OS LIBROS AXEITADOS Á NOSA IDADE SON OS QUE TEÑEN UN GOMET VERMELLO.
DESPOIS ESCOLLIMOS O LIBRO QUE ÍAMOS LEVAR DE PRÉSTAMO, PERO ANTES DE LEVALO TEMOS QUE REXISTRALO.
O VINDEIRO VENRES TEREMOS QUE TRAELO PARA REXISTAR A SÚA DEVOLUCIÓN E ESCOLLER OUTRO.
RECORDADE: OS VENRES SERÁ O DÍA QUE IREMOS Á BIBLIOTECA.