sábado, 27 de febreiro de 2016

venres, 26 de febreiro de 2016

SAÍDA AO DOMUS

POR FIN CHEGOU O VENRES E SAÍMOS TODOS/AS CONTENTOS/AS CARA CORUÑA, PARA VISITAR O DOMUS.
CANDO CHEGAMOS NOS COLOCAMOS EN FILA PARA ENTRAR E IR VENDO O MUSEO.
MERENDAMOS E FOMOS VER UNHA PELÍCULA EN 3D "TITANES DA EDAD DE HIELO"
DESPOIS TODO XUNTOS FOMOS VISITANDO O  MUSEO: OBSERVANDO, TOCANDO, ESCOITANDO, ... UTILIZAMOS TODOS OS SENTIDOS.
AQUÍ PODEDES VERNOS DIANTE DUN CORAZÓN PERO TAMÉN ESTIVEMOS DENTRO.

xoves, 25 de febreiro de 2016

LARISA: EXPERTA NO SISTEMA MUSCULAR

HOXE LARISA EXPLICOUNOS O SISTEMA MUSCULAR
E VEU ACOMPAÑADA DA SÚA NAI OANA QUE LLE AXUDOU A IMPARTIR A SÚA CLASE.
ASÍ O FIXERON ENTRE AS DÚAS:
TAMÉN FIXERON UN MURAL ONDE LARISA NOS EXPLICOU DE NOVO TODO O QUE SABE.
PORQUE LARISA É TODA UNHA EXPERTA NO TEMA DO SISTEMA MUSCULAR.

mércores, 24 de febreiro de 2016

ESTROFAS PARA ROSALÍA

HOXE É O DÍA DE ROSALIA, PORQUE FAI 179 ANOS DO SEU NACEMENTO. E CELEBRÁMOLO CON ESTROFAS PARA ROSALÍA.


DENDE A SEMANA PASADA ESTIVEMOS PREPARANDO ESTE DÍA. POÑÉNDOLLE IMAXES AOS POEMAS DE ROSALÍA DECASTRO E RECITANDO.

O ALUMNADO DE 4º E 5º DE INFANTIL GRAVAMOS NA RADIO UN POEMA PARA ESCOITAR HOXE, E O ALUMNADO DOS DEMÁIS CURSOS RECITARON EN DIRECTO PARA TODO O COLE:




martes, 23 de febreiro de 2016

A RA CURIOSA: PROBAMOS PEÓNS

COMA TODOS O MARTES, HOXE TOCOU FACER UN PEQUENO EXPERIMENTO.
PRECISAMOS:
 OBSERVAMOS:
PROBAMOS:
OS DEBUXOS DOS PEÓNS DESAPARECEN E FORMAN LIÑAS.
PERO QUE PASARÁ? SE CAMBIAMOS O DEBUXO POR ESTE?

VERÉMOLO O VINDEIRO MARTES.

luns, 22 de febreiro de 2016

ANIVERSARIO DE HUGO

HOXE HUGO ESTÁ DE ANIVERSARIO E TRAS ADORNAR A COROA, COLOCOU A SÚA FOTO NO CARTEL DOS 5 ANOS.
PARABENS HUGO, XA TES 5 ANOS!
CANTAMOS, SOPROU AS CANDEAS E COMPARTIU CON NÓS UNHA LARPEIRA RIQUÍSIMA, DA QUE NON QUEDOU NEN MIGALLA.
E POR SUPOSTO FIXEMOS A FOTO XUNTOS, NA QUE NON PODÍA FALTAR PELUSA.
HUGO XA TEN 5 ANOS!!!!

IMOS Á RADIO Ü

ESTAMOS ORGANIZANDO ALGO PARA O MÉRCORES, POLO DE AGORA SÓ PODEMOS DICIR QUE DESPOIS DE APRENDER MOI BEN UNHA POESÍA...
FOMOS Á RADIO PARA PODER GRAVARLA. 
PRIMEIRO PROBAMOS POR SEPARADO, LOGO EN PARELLAS E PARA REMATAR:TODOS XUNTOS!!!

 
XA VOS PODEDES IMAXINAR QUE DIVERTIDO FOI ESCOITAR A NOSA VOZ POLOS AURICULARES. 


MÁIS ADIANTE PODEREDES VER QUE PASOU.
POLO DE AGORA SE QUEREDES PODEDES ENTRAR NA PÁXINA WEB DO CENTRO E ESCOITAR OU FACER CLICK AQUÍ, PARA VER O NOSO PRIMEIRO PROGRAMA DE RADIO Ü.

xoves, 18 de febreiro de 2016

SAMUEL EXPERTO NO SISTEMA ÓSEO

SAMUEL HOXE VEU CARGADO PARA PODER EXPLICARNOS A TODOS/AS O SISTEMA ÓSEO.
COMEZOU AXUDADO DUNHA PRESENTACIÓN:
LOGO AMOSOUNOS A TODOS COMO SE PODE FACER UN ÓSO CON PLASTILINA E RECORDOUNOS ÓSOS DO CORPO CON AXUDA DUN ESQUELETO.
E PARA REMATAR VIMOS UN VÍDEO E ESCOITAMOS UNHA CANCIÓN, QUE PODEDES VER NOS SEGUINTES ENLACES.


E SEGURO QUE XA TEDES GANAS DE VER O BEN QUE O FIXO SAMUEL:

GRAZAS SAMUEL POLA TÚA EXPLICACIÓN, ERES TODO UN EXPERTO NO SISTEMA ÓSEO.

REPASAMOS OS SENTIDOS

NA AULA ADRIANA , SARA R., ALBA, ANTÍA E PABLO EXPLICARON OS 5 SENTIDOS. AGOXA XA PODEMOS XOGAR E SEGUIR APRENDENDO CON ESTES XOGOS.


Los sentidos





mércores, 17 de febreiro de 2016

PABLO EXPERTO NO OÍDO

PABLO CHEGOU HOXE AO COLE ACOMPAÑADO DE SEUS PAIS QUE ÍAN AXUDALO NA SÚA EXPLICACIÓN, PORQUE LLE TOCABA FALAR DO 5º E DERRADEIRO SENTIDO: O OÍDO
ESTABA MOI TRANQUILO PORQUE O SABÍA MOI BEN:


DESPOIS FIXO UN EXPERIMENTO NO QUE VIMOS COMO FUNCIONABAN OS OSIÑOS DO OÍDO:
TAMÉN SE ANIMARON A PROBAR OS COMPAÑEIROS/AS.
E XA PARA REMATAR VIMOS ESTE VÍDEO NO QUE "PEPITO GRILLO" NOS RECORDA O QUE DIXO PABLO:
PARABENS PABLO, FIXÉCHELO XENIAL ERES UN GRAN EXPERTO NO OÍDO.

martes, 16 de febreiro de 2016

ANTÍA: EXPERTA NO GUSTO

HOXE TOCA FALAR DO CUARTO SENTIDO: O GUSTO.
 NESTE CASO É ANTÍA QUE É A EXPERTA E ASÍ NOLO EXPLICOU:

ANTÍA EXPLICOUNOS XENIAL ESTE SENTIDO TAN IMPORTANTE.


TROUXO UN MONTÓN DE ALIMENTOS PARA PROBAR SABORES:
DOCE, 
SALGADO, 
AMARGO
ÁCIDO.



PRIMEIRO CATAMOS TODO O QUE TROUXO, E DESPOIS XOGAMOS A ADIVIÑAR SABORES.

PARA REMATAR PROBANDO, SÓ OS MÁIS VALENTES, O LIMON E A LIMA. XA PODEDES IMAXINAR AS CARAS, FOI MOI DIVERTIDO.
PODEMOS RECORDAR O QUE DIXO ANTÍA CON ESTE VIDEO:

GRAZAS ANTÍA POLA TÚA EXPLICACIÓN, ERES TODA UNHA EXPERTA NO TEMA DO GUSTO.