Amosando publicacións coa etiqueta PRIMEIRO DÍA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PRIMEIRO DÍA. Amosar todas as publicacións

venres, 11 de setembro de 2015

PRIMEIRO DÍA DE CLASE

TODOS ESTABAMOS EMOCIONADOS POLO INICIO DO CURSO. E NADA MÁIS ENTRAR TIÑAN MOITAS HISTORIAS QUE CONTAR: O QUE FIXERON NO VERÁN, AS NOVIDADES DA AULA... 
FOI UN DÍA CHEO DE REENCONTROS, PERO PARECÍA QUE FORA A SEMANA PASADA CANDO SE MARCHARON DA AULA. 
TEÑEN  MOITAS GANAS DE TRABALLAR E XA QUERÍAN FACER AS RUTINAS ÁS QUE ESTÁN AFEITOS.


xoves, 11 de setembro de 2014

Primeiro día de cole para todos/as

O centro está baleiro, e non hai nada máis triste...
Hoxe, día 10 de setembro, é o primeiro día deste cole novo para todos/as, para nenos/as, pais/nais e mestres/as, así que todos estamos moi nervosos. 
Esperando a ver que compañeiros teñen, e intentando adiviñar como serán, se fará bos amigos e amigas, se o pasará ben,... pero aínda non temos resposta solo hai que ver que é o que sucede de aquí en adiante.


 Xa dentro da aula, o primeiro día non deu para moito:
- saudarnos,
- ver como é a aula, e onde temos que facer pis
- sentarnos e falar un pouco
- escoitar o inicio dun conto
- facer fotos
- e pintar a man
 Moitas cousas para o primeiro día, e ao final houbo poucos choros, e si moitos nenos/as felices.
PRIMEIRO DÍA CON MOI BOAS SENSACIÓNS!!!