Amosando publicacións coa etiqueta Can de palleiro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Can de palleiro. Amosar todas as publicacións

mércores, 18 de xaneiro de 2017

Can de Palleiro. Exposición fotos

O centro cultural do Consello de Oroso acolle unha exposición de fotografía de Can de Palleiro.
E organizou para os coles de Oroso un obradoiro sobre esta raza autóctona.



Hoxe fomos visitar a exposición e escoitar a Patricia do Club raza can de Palleiro, que nos falou sobre os coidados que debe ter un can, e en que nos debemos fixar para escoller un can para a nosa casa.
Despois Yago máis a súa cadela, Loira, nos ensinaron o que un can ben adestrado pode facer. Quedamos abraiados do ben que se porta Loira, como camiña sempre polo lado esquerdo, como para e senta cando Yago para, e incluso como SUMA!!!, os números que lle dixo Hugo e Sara Robul, tamén buscou a Borja que estaba escondido ulindo o seu gorro, e deulle a pata a Iris.

Marchamos moi contentos coa nosa chapa do Can de Palleiro e unha folliña con información de esta raza tan nosa.