HOXE FOI UN DÍA ESPECIAL, LEVABAMOS VARIOS DÍAS TRABALLANDO NUNHA GRAN TARXETA
UNHA TARXETA ESPECIAL PARA UNHA VISITA ESPECIAL:
OS COMPAÑEIROS/AS DAS AULAS DE 3 ANOS DO CEIP DE SIGÜEIRO, E AS SÚAS MESTRAS: BERTA, JANI E PILI.
DÉMOSLLE A BENVIDA ACOMPAÑADOS DE PANXOLIÑAS,
E ANTÍA EN REPRESENTACIÓN DE TODOS NÓS, DEULLES A NOSA POSTAL DE NADAL.
ELES TAMÉN PREPARARAN UNHA PARA NÓS, ASÍ QUE NICO FOI O ENCARGADO DE COLLELA E MOSTRALA A TODOS/AS.
DESPOIS TIVEMOS TEMPO PARA XOGAR UN POUCO, E SOBRETODO PARA REENCONTRAR A ALGÚNS AMIGOS/AS QUE TIÑAMOS NA GARDERÍA E COS QUE XOGAMOS NO PARQUE.
E XA PARA REMATAR TIVEMOS UNHA GRAN MERENDA CON PANNETTONE E TURRÓN DE CHOCOLATE.
EN TOTAL ERAN MÁIS DE 70 NENOS/AS, QUEN DICÍA QUE AS NOSAS AULAS ERAN PEQUENAS?