HOXE FOI UN DÍA ESPECIAL, LEVABAMOS VARIOS DÍAS TRABALLANDO NUNHA GRAN TARXETA
UNHA TARXETA ESPECIAL PARA UNHA VISITA ESPECIAL:
OS COMPAÑEIROS/AS DAS AULAS DE 3 ANOS DO CEIP DE SIGÜEIRO, E AS SÚAS MESTRAS: BERTA, JANI E PILI.
DÉMOSLLE A BENVIDA ACOMPAÑADOS DE PANXOLIÑAS,
E ANTÍA EN REPRESENTACIÓN DE TODOS NÓS, DEULLES A NOSA POSTAL DE NADAL.
ELES TAMÉN PREPARARAN UNHA PARA NÓS, ASÍ QUE NICO FOI O ENCARGADO DE COLLELA E MOSTRALA A TODOS/AS.
DESPOIS TIVEMOS TEMPO PARA XOGAR UN POUCO, E SOBRETODO PARA REENCONTRAR A ALGÚNS AMIGOS/AS QUE TIÑAMOS NA GARDERÍA E COS QUE XOGAMOS NO PARQUE.
E XA PARA REMATAR TIVEMOS UNHA GRAN MERENDA CON PANNETTONE E TURRÓN DE CHOCOLATE.
EN TOTAL ERAN MÁIS DE 70 NENOS/AS, QUEN DICÍA QUE AS NOSAS AULAS ERAN PEQUENAS?
Parece o camarote dos irmáns Marx.
ResponderEliminarMadre mia cantos rapaces,estarian super contentos
ResponderEliminarContentísimos, porque eran eles os anfitrións.
EliminarOooohhhh!!!! Que pena q xoel o perdera. Seguro q estaria encantado de ver os amigos da guarde!!!!!
ResponderEliminarSi, había un neno que esperaba velo. Pero xa organizaremos outras xuntanzas.
EliminarPara que despois digan que non ai nenos
ResponderEliminarEn Sigüeiro polo menos non faltan.
EliminarSamuel a saida do cole tina moito que contar; veu nadia o meu cole e mais nenos da guarderia. Que sorte; son un monton. Esperamos que se repitan as xuntanzas.
ResponderEliminarSeguro que si.
Eliminar