venres, 28 de setembro de 2018

EXHIBICIÓN DE PATINAXE

OS COMPAÑEIROS/AS DO NOSO COLE QUE PARTICIPAN NO CLUB PATÍN OROSO, FIXERON UNHA EXHIBICIÓN DURANTE O RECREO.

 DA NOSA AULA PARTICIPARON: SERGIO, NOA, NAIA E LAIA.
PARABENS A TODOS/AS PORQUE O FIXÉSTEDES MOI BEN.

luns, 24 de setembro de 2018

SAMUEL CONTA..

HOXE O CONTACONTOS FOI:
SAMUEL
QUE NOS CONTOU:
CARS: MINI HISTORIAS
PARABENS SAMUEL, FIXÉCHELO MOI BEN.

O ANIVERSARIO DE NOA

XA TIVEMOS O SEGUNDO ANIVERSARIO, ESTA FIN DE SEMANA ESTIVO DE ANIVERSARIO NOA, E HOXE CELEBRÁMOLO NO COLE.
PARABENS NOA, XA TES 5 ANOS!
FOI UN DÍA MOI ESPECIAL.

GRAZAS POR CELEBRALO CON NÓS.

A ENCARGADA E O SECRETARIO

HOXE POR PRIMEIRA VEZ, TIVEMOS ENCARGADA (ALBA) E SECRETARIO (LEO).
A ENCARGADA TERÁ QUE PASAR LISTA, E DICIRLLE AO SECRETARIO QUEN FALTA PARA QUE TOME NOTA. 
A ENCARGADA TERÁ QUE COLOCAR O TEMPO E DICIRLLE AO SECRETARIO O DÍA QUE É, QUE TEMPO FAI,...
E DESPOIS, EN DÍAS ALTERNOS TEREMOS A LETRA DO DÍA, E O NÚMERO PROTAGONISTA. 
A ENCARGADA IRÁ DIANTE NO TREN E O SECRETARIO DETRÁS.
HOXE COMEZAMOS POLA LETRA DO DÍA: I
PARA IR APRENDENDO POUCO A POUCO A ESCRIBIR EN MINÚSCULAS, E IDENTIFICAR O SEU SON.
OS DEMAIS ESCRIBIRON NAS PIZARRAS NOVAS "I" MINÚSCULO:

E PALABRAS QUE COMEZAN POLO "I", EN MAIÚSCULA:

COMO VEDES, ESTABAN MOI CONCENTRADOS E CONCENTRADAS, E A NOVIDADE DAS PIZARRAS PARECE QUE OS MOTIVA. 

xoves, 20 de setembro de 2018

ANIVERSARIO DE GUILLE

CHEGOU A PRIMEIRA FESTA DESTE CURSO:
O ANIVERSARIO DE GUILLERMO
PARABENS GUILLE, XA TES 5 ANOS!


FOI UN DÍA MOI ESPECIAL.
GRAZAS POR CELEBRALO CON NÓS.

martes, 18 de setembro de 2018

OS PRODUTOS DO HORTO

Hoxe tamén levaron para casa uns tomates cherry da colleita do cole.
BO PROVEITO.

Celebración do Día do Punto

Para comezar pintamos un punto amarelo na nosa frente:


Vimos a peli do Punto, e comezamos a debuxar puntos con pincel, cada un tiña que decidir o número o tamaño,... e así quedaron as nosas obras de arte:



 Merendamos e á volta do recreo, escoitamos o álbume ilustrado:

E tratamos de facer coma na historia, partir dun punto e facer un debuxo:






 Foi unha xornada divertida e moi aproveitada. Haberá moitas máis.

Día internacional do punto

O día 15 foi o Día Internacional do Punto. Nós celebrarémolo hoxe:
Faremos actividades relacionadas cos puntos e veremos este vídeo:
Será un día especial, cheo de puntos.

xoves, 13 de setembro de 2018

OS PRODUTOS DO HORTO

DESPOIS DAS VACACIÓNS, SAÍMOS A VER COMO ESTABAN OS HORTOS.
TIÑAMOS CEBOLAS, TOMATES, CENORIAS, ALGUNHA FRESA AÍNDA VERDE...


PERO POLO MENOS OS QUE QUIXERON, LEVARON UNHA CENORIA PARA CASA.

mércores, 12 de setembro de 2018

PRIMEIRO DÍA

XA ESTAMOS TODOS/AS. NO PRIMEIRO DÍA TOCA COÑECERNOS, FALAR MOITO E XOGAR UN POUCO.

luns, 10 de setembro de 2018

COMEZAMOS UN NOVO CURSO

COMEZO CON MOITA ILUSIÓN UN NOVO CURSO COMO TITORA DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL. UN NOVO GRUPO E UN NOVO  RETO QUE AFRONTO CON DECISIÓN.
UN NOVO CURSO TAMÉN UNIDA A UN PROYECTO ENTRE TODOS.
XA TEÑO A AULA DISTRIBUÍDA PERO AÍNDA FALTAN AS RUTINAS POR COLOCAR E ELABORAR.