xoves, 11 de setembro de 2014

Primeiro día de cole para todos/as

O centro está baleiro, e non hai nada máis triste...
Hoxe, día 10 de setembro, é o primeiro día deste cole novo para todos/as, para nenos/as, pais/nais e mestres/as, así que todos estamos moi nervosos. 
Esperando a ver que compañeiros teñen, e intentando adiviñar como serán, se fará bos amigos e amigas, se o pasará ben,... pero aínda non temos resposta solo hai que ver que é o que sucede de aquí en adiante.


 Xa dentro da aula, o primeiro día non deu para moito:
- saudarnos,
- ver como é a aula, e onde temos que facer pis
- sentarnos e falar un pouco
- escoitar o inicio dun conto
- facer fotos
- e pintar a man
 Moitas cousas para o primeiro día, e ao final houbo poucos choros, e si moitos nenos/as felices.
PRIMEIRO DÍA CON MOI BOAS SENSACIÓNS!!!





Ningún comentario:

Publicar un comentario