luns, 15 de febreiro de 2016

Camiñando seguros en Sigüeiro

Temos novo blog de infantil no  CEIP de OROSO, como xa sabedes estamos sumerxidos nun Proxecto anual coa Xunta, que te que ver coa Mobilidade Sostible e Segura. Se queredes ter información do que facemos neste proxecto poderédelo seguir neste blog:
Tamén pediremos algunhas actuación cos vosos fillos/as, esta semana imos a traballar sobre os cinturóns de seguridade e as sillas nas que van eles. Nos gustaría que enviárades por correo electrónico á vosa titora, fotos dos nenos/as ben sentados e ben protexidos nos coches. Moitas grazas pola vosa colaboración.

1 comentario: