venres, 30 de setembro de 2016

VISITAMOS A BIBLIOTECA

ESTE CURSO IMOS COLLER LIBROS DA BIBLIOTECA PARA LEVAR PARA CASA. E HOXE POR SER O PRIMEIRO DÍA ACUDIMOS A UNHA SESIÓN DE:
FORMACIÓN DE USUARIOS.
A PROFE MARÍA FOI A ENCARGADA DE AMOSARNOS COMO SE UTILIZA E COMO DEBEMOS ESTAR NA BIBLIOTECA.  TAMÉN NOS DEIXOU CLARO QUE OS LIBROS AXEITADOS Á NOSA IDADE SON OS QUE TEÑEN UN GOMET VERMELLO.
DESPOIS ESCOLLIMOS O LIBRO QUE ÍAMOS LEVAR DE PRÉSTAMO,  PERO ANTES DE LEVALO TEMOS QUE REXISTRALO.
O VINDEIRO VENRES TEREMOS QUE TRAELO PARA REXISTAR A SÚA DEVOLUCIÓN E ESCOLLER OUTRO.
RECORDADE: OS VENRES SERÁ O DÍA QUE IREMOS Á BIBLIOTECA.

3 comentarios:

  1. Que ilusión lle fai a noa poder traer un libro da biblioteca!sempre pregunta cando e viernes pasado poder traer outro

    ResponderEliminar
  2. Sara veu contentísima da visita á biblioteca

    ResponderEliminar
  3. Iker tamen ven todo contento co conto que el escolle,faille moita ilusión.

    ResponderEliminar