mércores, 19 de novembro de 2014

FROITOS E FROITAS DO OUTONO

NA CLASE ESTAMOS CANTANDO "MACEDONIA DO OUTONO" ONDE APARECEN MOITAS FROITOS E FROITAS DO OUTONO.
E HOXE PUIDEMOS VELAS, TOCALAS E ULILAS.
PRIMEIRO PARTÍMOLAS PARA VER COMA ERAN POR DENTRO.
E DESPOIS TIVEMOS TEMPO PARA TOCALAS E SENTIR O DURAS QUE SON AS AVELÁS E AS AMENDOAS:
PREPAREI PLATOS COA FRUTA EN ANACOS PEQUENOS PARA PODER DEGUSTAR:
DESPOIS XA NA MESA CADA UN ESCOLLEU O QUE QUERÍA PROBAR E COMER:
ALGÚNS ARRISCARON E PROBARON FROITAS DIFERENTES, E OUTROS ESCOLLÍAN O QUE SABÍAN QUE LLES GUSTABA. PERO XA VEDES COMO ÍAN QUEDANDO OS PRATOS...

ASÍ TAMÉN SE APRENDE, MOITOS NON COÑECÍAN A GRANADA, NEN OS FIGOS CHUMBOS, NEN O MARMELO.... E FAISE DUN XEITO MÁIS DIVERTIDO.

MOITAS GRACIAS A FAMILIA DE DANIELA E DE ANTÍA POR ATOPAR O MARMELO E OS FIGOS CHUMBOS.

3 comentarios:

  1. Que ricas esas frutas como comen ñam ñam.
    Sandra

    ResponderEliminar
  2. Bo traballo.Gustame moito
    poder ver cousas que fan na escola xa que contan cousas que as veces non sabemos que son. Pelusa deuno de pasar moi ben con tanta froita! e os nosos nenos tamen.
    Susana, nai de Noa Iglesias.

    ResponderEliminar
  3. BO DIA

    QUE BOA IDEA. EN CANTO A ESTE BLOG.... ENCANTADOS.. ASI SABEMOS DO QUE REALMENTE A VECES COMENTAN. DIEGO O VENRES PASADO, DECIAMOS QUE LLE PUXERAMOS O QUE PUXO MARY HOXE DO COLE, PERO NON LLE DEMOS ENTENDIDO O QUE QUERIA DICIR. DEBIA SER MUSICA.... SOLO DICIA OS SETE OU OS TRES OU OS CINCO TELE..... NON SEI QUE.
    IMPOSIBLE ADIVIÑAR O QUE FOI. SOLO CANTABA ALGO DE TAMBORES COMO TAM TAM TAM....
    SAUDOS

    ResponderEliminar