O DÍA QUE IMOS DURMIR NO COLE!!!
E FOI MARABILLOSO.
PERO COMECEMOS POLO PRINCIPIO....
QUEDAMOS NA "PECERA DE MAPI", ALÍ ESTABAN TODOS/AS AGARDANDO A QUE EU CHEGARA, CUNHA GRANDÍSIMA SORPRESA. DESPOIS DE REPOÑERME DA EMOCIÓN, OS PAIS E NAIS MARCHARON E DESPEDÍMONOS ATA O DÍA SEGUINTE.
EMPEZARON OS XOGOS:
ARREDOR DAS 21:30 CEAMOS: PIZZA E SÁNDWICHS.
AÍNDA ERA DÍA, E SEN PROBLEMA FIXEMOS O CAMIÑO AO COLE A PÉ, POLA BEIRARRÚA E RECORDANDO TODAS AS NORMAS DE SEGURIDADE.
AO CHEGAR Á AULA, QUE QUIXO TOMOU LEITE QUENTE/FRÍA/CON COLACAO/OU SEN EL.LAVAR DENTES, POÑER O PIXAMA E PREPARAR OS SACOS DE DURMIR.
MOITAS RISAS, CONFIDENCIAS, BICOS, APERTAS,... UNHA PELI E A DURMIR...
A NOITE TRANSCORREU SEN NINGÚN PROBLEMA. POLA MAÑÁ OS QUE FORON ESPERTANDO, VESTÍANSE, LAVABAN A CARA E PREPARÁBANSE PARA ALMORZAR.
HABÍA QUE REPOÑER FORZAS, AÍNDA NOS QUEDA UN DÍA LONGO.
UNHA EXPERIENCIA ÚNICA QUE MOITOS REPETIRÍAN AO DÍA SEGUINTE.
Moitas gracias Mary, Noa pasouno moi ben e por ela repetiriase todos os días, era un día moi esperado en pasouselle moi rápido,unha experiencia que recordará moito tempo gracias
ResponderEliminarUnha experiencia Nova,pasar toda a tarde-noite cos seus compis e profe...creo q a Iker gustoulkes moito .
ResponderEliminar