DESPOIS DE TANTO AGARDAR CHEGOU O DÍA DE IR A SANTIAGO CUNHA DOBRE PROGRAMACIÓN.
PRIMEIRO VISITAR A EXPOSICIÓN: "FRANCISCO LEIRO, OS TRABALLOS E OS DÍAS" NO CENTRO ABANCA OBRA SOCIAL, ONDE NOS ESPERABA VANESA PARA VER A EXPOSICIÓN E EXPLICARNOS UNHA CHEA DE COUSAS SOBRE AS SÚAS ESCULTURAS:
ENORMES E IMPRESIONANTES, ESTIVERON MOI CALADOS E ATENTOS, PREPARADOS PARA APRENDER MOÍTISIMO,
REMATADA A VISITA SUBIMOS PARA FACER UN OBRADOIRO ONDE NOS CONVERTEMOS EN ARTISTAS E PREPARAMOS UNS CADROS FEITOS COAS FOLLAS DAS ÁRBORES QUE FRANCISCO LEIRO UTILIZABA PARA AS SÚAS ESCULTURAS.
Á SAÍDA PASAMOS POLA PRAZA DA QUINTANA, O LUGAR AXEITADO PARA SENTAR E TOMAR A MERENDA TÍPICA DAS SAÍDAS.
REMATAMOS XUSTO A TEMPO, PORQUE COMEZARON A CAER UNHAS GOTIÑAS. ASÍ QUE RECOLLEMOS E FOMOS CARA Á GALERIA SARGADELOS, PARA PARTICIPAR NA XVI CAMPAÑA MUNICIPAL DE ANIMACIÓN Á LECTURA DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA: "CONTOS PARA DESPOIS DA CHUVIA", ONDE NOS ESTABA AGARDANDO PATRI.
CONVIDOUNOS A SUBIR AS ESCALEIRAS AMODIÑO E EN SILENZO, ESCOITANDO UNHA MÚSICA QUE PARECÍA SAÍR DO PISO DE ARRIBA, ANIMÁNDONOS A FIXARNOS NOS PÉS QUE HABÍA POLAS PAREDES.
XA NO PISO DE ARRIBA ATOPÁMONOS CON ÁLEX O CAUSANTE DESA MÚSICA.
XA SENTADIÑOS, ESCOITAMOS A PATRI CONTAR "DESPOIS DA CHUVIA" E A ALEX POÑERLLE MÚSICA, E ALGUNHA QUE OUTRA VOZ.
A CONTINUACIÓN ESCOITAMOS "A QUE SABE A LÚA", QUE A PESAR DE QUE XA O COÑECÍAMOS MOI BEN, TIVO ALGUNHA SORPRESA.
DESPOIS SEGUINDO A ALEX O O SEU ACORDEÓN ATRAVESAMOS A CHUVIA ATA CHEGAR A O ESTUDIO DE PINTURA DE XOSÉ COBAS, UN GRAN ILUSTRADOR.
ALÍ NOS CONTOU "O ARTISTA QUE PINTOU UN CABALO AZUL", ESTA VEZ TIVEMOS QUE AXUDAR COA NOSA VOZ, CANTANDO.
E PARA REMATAR FOMOS A UNHA SALA ESPECIAL ONDE NOS AGARDABA UNHA BALEA QUE TIÑA ALGUNHA QUE OUTRA SORPRESA.
SE QUERES VER MÁIS FOTOS DA XORNADA FAI CLIC AQUÍ.
Que saida mais completa. Xoel falounos das esculturas e tamen dun unicornio, pero vexo q se deixou moitas cousas q contar
ResponderEliminarPero q ben aproveitastes a mañan!!Iker veu contento.
ResponderEliminarEstas saidas gustanlles moito e sobretodo veñen abraiados das cousas que ven... e con isto tamen aprenden
ResponderEliminarDiego veu encantado, dixo que tiñamos que ir outro dia
Pois Iker tamén dixo q había q volver outro día.
EliminarRubén vino encantado le gusto mucho
ResponderEliminarCANTAS COUSAS NESTA SAÍDA! NEREA FALOUNOS DO CONTO DESPOIS DA CHUVIA E GUSTOULLE MOITO MERENDAR NA QUINTANA.
ResponderEliminarNico pasouno moi ben pero case non nos contou nada!!Dixo que non lle dera tempo de acabar de pintar o debuxo.
ResponderEliminarPois Noa dixo que lles contaran moitos contos e que había un chico tocando.
ResponderEliminar