xoves, 20 de setembro de 2018

ANIVERSARIO DE GUILLE

CHEGOU A PRIMEIRA FESTA DESTE CURSO:
O ANIVERSARIO DE GUILLERMO
PARABENS GUILLE, XA TES 5 ANOS!


FOI UN DÍA MOI ESPECIAL.
GRAZAS POR CELEBRALO CON NÓS.

martes, 18 de setembro de 2018

OS PRODUTOS DO HORTO

Hoxe tamén levaron para casa uns tomates cherry da colleita do cole.
BO PROVEITO.

Celebración do Día do Punto

Para comezar pintamos un punto amarelo na nosa frente:


Vimos a peli do Punto, e comezamos a debuxar puntos con pincel, cada un tiña que decidir o número o tamaño,... e así quedaron as nosas obras de arte:



 Merendamos e á volta do recreo, escoitamos o álbume ilustrado:

E tratamos de facer coma na historia, partir dun punto e facer un debuxo:






 Foi unha xornada divertida e moi aproveitada. Haberá moitas máis.

Día internacional do punto

O día 15 foi o Día Internacional do Punto. Nós celebrarémolo hoxe:
Faremos actividades relacionadas cos puntos e veremos este vídeo:
Será un día especial, cheo de puntos.

xoves, 13 de setembro de 2018

OS PRODUTOS DO HORTO

DESPOIS DAS VACACIÓNS, SAÍMOS A VER COMO ESTABAN OS HORTOS.
TIÑAMOS CEBOLAS, TOMATES, CENORIAS, ALGUNHA FRESA AÍNDA VERDE...


PERO POLO MENOS OS QUE QUIXERON, LEVARON UNHA CENORIA PARA CASA.

mércores, 12 de setembro de 2018

PRIMEIRO DÍA

XA ESTAMOS TODOS/AS. NO PRIMEIRO DÍA TOCA COÑECERNOS, FALAR MOITO E XOGAR UN POUCO.

luns, 10 de setembro de 2018

COMEZAMOS UN NOVO CURSO

COMEZO CON MOITA ILUSIÓN UN NOVO CURSO COMO TITORA DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL. UN NOVO GRUPO E UN NOVO  RETO QUE AFRONTO CON DECISIÓN.
UN NOVO CURSO TAMÉN UNIDA A UN PROYECTO ENTRE TODOS.
XA TEÑO A AULA DISTRIBUÍDA PERO AÍNDA FALTAN AS RUTINAS POR COLOCAR E ELABORAR.