luns, 5 de outubro de 2015

MONSTRO COME-MEDOS

A semana pasada chegou Pelusa co "Monstro Come-medos"​. Este amigo trágase os medos, os problemas ou as preocupacións dos nosos pequenos. 
Utilizarémolo na aula medio para canaliza los "medos" ou como unha forma para axudarlles a xestionar os seus temores. 
O venres pedinlle que tiñan que traer o luns nun papel escrito ou debuxado o seu maior medo. E hoxe dímosllos de comer.
A partir de agora sempre que se atopen con unha desas preocupacións, pódena escribir o debuxar para traer ao cole e darlla ao monstro come-medos, é máxico e pouco a pouco fai que desaparezan. Será un momento para que poidades na casa falar de ese "medo" e así escoitar e coñecer como se sinten ante determinadas situacións. Pero é que ademais poderemos traballar outros sentimentos dos vosos fillos, como a vergoña, a timidez, ou os celos.
​T​
eñen pesadelos? Espértanse a media noite empapados en suor e chamándoche desesperados? 
​Escribímolo ou debuxámolo e probaremos a traelo para que o
 monstro
 se​
 tr
​a​
gue todos os malos soños que
​ o​
 inquietan
​.​
​Se​
 sente inseguro, medorento, empeza a comportarse mal para chamar a atención
​, podemos tamén probar a que verbalice
 eses temores que lle producen tanta inseguridade.
Xa veremos a ver como funciona, e xa me ides contando.
E RECORDADE:
CADA VEZ QUE VOS CONTEN  QUE ALGO LLE DA "MEDO", PODEN TRAELO, PERO O MÁIS IMPORTANTE E QUE FALEDES NA CASA.



1 comentario:

  1. A ver se o monstro come-medos fai que desaparezcan os medos dos peques!!!

    ResponderEliminar