mércores, 18 de xaneiro de 2017

Can de Palleiro. Exposición fotos

O centro cultural do Consello de Oroso acolle unha exposición de fotografía de Can de Palleiro.
E organizou para os coles de Oroso un obradoiro sobre esta raza autóctona.



Hoxe fomos visitar a exposición e escoitar a Patricia do Club raza can de Palleiro, que nos falou sobre os coidados que debe ter un can, e en que nos debemos fixar para escoller un can para a nosa casa.
Despois Yago máis a súa cadela, Loira, nos ensinaron o que un can ben adestrado pode facer. Quedamos abraiados do ben que se porta Loira, como camiña sempre polo lado esquerdo, como para e senta cando Yago para, e incluso como SUMA!!!, os números que lle dixo Hugo e Sara Robul, tamén buscou a Borja que estaba escondido ulindo o seu gorro, e deulle a pata a Iris.

Marchamos moi contentos coa nosa chapa do Can de Palleiro e unha folliña con información de esta raza tan nosa.



7 comentarios:

  1. Pasarono moi ben,Noa ahora quere un can coma Loira!decia que era moi guay!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Non me estraña, eu tamén quero unha Loira. Estaba moi ben educada, seguro que hai moito traballo detrás.

      Eliminar
  2. A Iker debeulle de gustar moito pq nos contou varias cousas das q lle dixeron.O q mais me chistou foi q dixo q foran ver uns cans q dormían NAS Pallas...

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. En certo modo ten razón.... antigamente era onde dormían os cans nas casas.

      Eliminar
  3. Diego veu alucinado.gustoulle moito

    ResponderEliminar
  4. A Rubén le gusto mucho el perro vino encantado

    ResponderEliminar