CHEGOU O DÍA AGARDADO, XA TIÑAMOS GANAS DE QUE CHEGARA: O DÍA DA EXCURSIÓN. SEMPRE É EMOCIONANTE SAÍR DO COLE PARA VER MOITAS DAS COUSAS DAS QUE FALAMOS NAS CLASES.
ESTA VEZ, DENTRO DO PROGRAMA: O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR, SAÍMOS DE XEITO GRATUÍTO A VER UNHA LONXA E UN PORTO, PARA COÑECER A MANEIRA DE COMO O PEIXE CHEGA AOS SUPERMERCADOS, PESCADERÍAS,...
(SE FACEDES CLIC NA IMAXE PODEREDES VER OUTRAS FOTOS DA XORNADA)
VISITAMOS AS DIFERENTES ESTANCIAS DA LONXA, CAMIÑAMOS POLO PORTO E VISITAMOS UNHA FÁBRICA DE XEO,.. ATA NOS DEIXARON XOGAR CON EL.
E PARA FINALIZAR TIVEMOS UNHA DEGUSTACIÓN DE PLATOS COCIÑADOS CON PEIXE: ENSALADA E EMPANADA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario